Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Planificación pública do desenvolvemento turístico
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Valorarase a entrega dos informes asociado á realización de traballos e proxectos, así como a calidade da súa presentación e defensa en aula. 5 A1
A4
A5
B5
B7
B9
D3
Resolución de problemas de forma autónoma Valorarase a capacidade de resolución de problemas, elaboración de informes e indicadores, e aplicación dos coñecementos adquiridos nas clases prácticas. 20 A2
A5
B1
B2
B3
B8
B10
C1
C2
C10
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse dúas probas (25% cada unha) para avaliar a comprensión de coñcementos impartidos en clase maxistral e en prácticas. Estas probas poderán ser tipo test e incluír tamén cuestións/problemas/supostos. 50 A1
A5
B1
B2
B3
B9
C1
C2
C10
Traballo Valorarase a capacidade para buscar información, organizar o tempo e colaborar con equipos para a realización de traballos e proxectos en grupo. 25 A3
B7
B8
B9
B10
C1
C2
C10
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Haberá dúas posibilidades de avaliación, Avaliación Continua (AC) e Avaliación Global (AG): 


A) A avaliación da materia por defecto será AC. O 50% da nota configurarase a partir de dous exames sobre os contidos da materia (25% cada exame), o 20 % da nota basearase na resolución de exercicios, prácticas, problemas e análisis de caso, e o 30 %  será a nota dun proxecto en grupo, de obligatoria entrega e exposición. Para superar a materia por avaliación continua é preciso terse presentado aos dous exames e realizar e presentar o traballo en grupo. A resolución de problemas nas clases prácticas, que serán avaliables, non impiden continuar en AC en caso de non ser entregadas, pero figurarán con nota de cero. É necesario acadar unha nota mínima de 3 en cada exame e no traballo para integrar as notas das prácticas (resolución de problemas de forma autónoma). O segundo exame de AC coincidirá en data coa AG en primeira oportunidade.

B) Cando proceda a AG porque o alumnado así o teña decidido nos prazos establecidos polo centro realizarase a AG,  Esta AG incluirá preguntas de tipo test e de resposta curta/problemas sobre o contido das clases maxistrais, das prácticas de aula informática, e demais exercicios e tarefas do curso. Neste caso a nota da parte test do exame constituirá o 60% da nota final e a parte de resposta curta o 40%.  Esixirase unha nota mínima de 3 puntos en cada parte do exame de cara ao cálculo da nota final. A nota mínima para aprobar a materia será un 5.

Os estudantes que non participen na AC nin realicen a AG, figurarán nas actas como non presentados. Entenderase que o alumnado partiicipa en AC cuando entregue algunha tarefa, traballo ou se presente a algún dos exames. Neste caso a nota final será a de AC. Non se gardan notas de exames, prácticas ou traballos para a segunda oportunidade.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso actual. 

O horario e lugar de realización de titorías estará publicado na plataforma de teledocencia (MooVi), así como o procedemento de solicitude das mesmas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000