Guia docente 2017_18
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Planificación pública do desenvolvemento turístico
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Valorarase a entrega dos informes asociado á realización de traballos e proxectos, así como a calidade da súa presentación e defensa en aula. 5 A1
A4
A5
B5
B7
B9
D3
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Valorarase a capacidade de resolución de problemas, elaboración de informes e indicadores, e aplicación dos coñecementos adquiridos nas clases prácticas. 20 A2
A5
B1
B2
B3
B8
B10
C1
C2
C10
Probas de tipo test Realizaranse probas tipo test periódicas a través da plataforme de teledocencia para avaliar a comprensión de coñcementos impartidos en clase maxistral e en prácticas 50 A1
A5
B1
B2
B3
B9
C1
C2
C10
Traballos e proxectos Valorarase a capacidade para buscar información, organizar o tempo e colaborar con equipos para a realización de traballos e proxectos en grupo. 25 A3
B7
B8
B9
B10
C1
C2
C10
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Haberá dúas posibilidades de avaliación:

A) A avaliación da materia será continua. O 50% da nota configurarase a partir de exames tipo test sobre os contidos da materia, o 20 % da nota basearase na resolución de exercicios, prácticas, problemas e análisis de caso, e o 30 %  será a nota dun proxecto en grupo, de obligatoria entrega e exposición. Para superar a materia por avaliación continua é preciso terse presentado a todas as probas, entregar todas as prácticas requeridas e realizar e presentar o proxecto en grupo. O alumnado que supere a materia mediante avaliación continua non precisará presentarse ó exame final da materia. 

B) Cando non proceda a avaliación continua (por que o alumno así o teña decidido ou por non ter superado a avaliación continua) realizarase un exame final, que poderá incluír preguntas de tipo test e de resposta curta/problemas sobre o contido das clases maxistrais, das prácticas de aula informática, das lecturas e debates e demais exercicios e tarefas do curso. Neste caso a nota da parte test do exame constituirá o 60% da nota final e a parte de resposta curta o 40%. O exame correspondente á segunda e posteriores convocatorias seguirá o mesmo modelo que o exame final (opción B).
Os estudantes que non participen na avaliación continua nin realicen o exame final, figurarán nas actas como non presentados. O alumnado que suspenda a avaliación continua e non se presenten ó exame final, figurará nas actas como suspenso.
O alumnado que aprobe a avaliación continua e desexe subir nota, poderá presentarse ó exame final (nese caso a nota do exame final sustituirá a todos os efectos á nota obtida mediante avaliación continua). As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2017-2018.
En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000