Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Investigación de mercados turísticos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Traballos individuais: 40%
Traballos en equipo: 10%
Resolución de exercicios
e saídas formativas: 10%
60 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B7
B8
B9
D1
D2
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas escritas:

-Parcial 1: 10%
-Parcial 2: 15%
-Parcial 3: 15%

Realizaranse na data asignada no cronograma da materia
40 B1
B10
C9
C10
C12
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA (AC)

Cada unha das dúas partes debe superarse, indistintamente: teórica (a través de tres probas parciais), ou práctica (mediante avaliación continua de traballos individuais e en grupo, resolución de exercicios e saídas formativas). É dicir, é necesario un mínimo do 50% en cada unha das partes para poder facer a media coa outra parte.

As condutas inadecuadas, contrarias e prexudiciais para a convivencia, poderán ser sancionadas coa perda do dereito á avaliación continua por parte do estudante responsable.

AVALIACIÓN GLOBAL (AG)

Se o alumno non opta pola avaliación continua, terá que realizar unha proba escrita. Dita proba constará de tres partes: Test (nota 20%); preguntas curtas e de desenvolvemento (40% de nota); Resolución dun caso práctico (40%). A duración da proba será de noventa minutos.

Na segunda convocatoria (2ª OPORTUNIDADE), manterase o procedemento de avaliación anteriormente descrito. As datas e horarios das probas de avaliación das distintas convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2023-24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as indicadas na páxina web da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.

AVISOS DE AVALIACIÓN

O alumnado matriculado manifestará formalmente (por correo electrónico ou a través de Moovi) a súa intención de participar no sistema de avaliación continua. O prazo para o cambio ao sistema global de avaliación será o establecido pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000