Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Fiscalidade de empresas turísticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos A realización e entrega dos exercicios é necesaria para que a seguinte metodoloxía de avaliación (Prácticas con Apoio das TIC) puntúe. Pois as preguntas que debe resolver o alumnado baseanse nos estudos de casos propostos. 0 A2
A3
A4
A5
B10
C5
C8
C13
Prácticas con apoio das TIC O alumnado deberá responder a cuestionarios sobre os estudos de casos propostos.
25 A1
A2
A3
A5
B1
B6
B7
B8
B9
C5
C8
C13
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado realizará probas escritas avaliables nos que deberá resolver exercicios relacionados coas liquidacións dos diferentes impostos. Ao longo do cuadrimestre haberá tres probas deste tipo que ponderarán un 25% cada unha na nota final. 75 A1
A2
A3
A5
B6
B8
B9
C5
C8
C13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Primeira oportunidade:

Haberá dúas posibilidades de avaliación:

Opción
A:
A modalidade de avaliación preferente será a avaliación continua. Anunciarase ao inicio da docencia da materia
un cronograma onde aparecerán as datas das distintas probas de avaliación
continua.

Os alumnos que se acollan ao sistema de avaliación
continua terán a obriga de colocar unha fotografía tipo carné en Moovi
antes da primeira proba de avaliación e de acceder regularmente á
plataforma de teledocencia, para estar así ao corrente das novidades que
se produzan.

O sistema de avaliación por defecto será a avaliación continua. Aqueles estudantes que desexen a avaliación global (100% da
cualificación no exame oficial) deben comunicalo ao responsable da
materia por email dende o 29 de xaneiro ao 29 de febreiro inclusive.

Opción B (avaliación global): O estudante será avaliado mediante a realización
dun exame final de carácter escrito na data oficialmente establecida. A nota máxima posible neste exame será de 10 puntos.

Recuperación: 2ª oportunidade (xullo 2024)

Novamente haberá dúas posibilidades de avaliación:

Opción A: Os estudantes que aprobaran as prácticas con apoio das TIC (25%), poderán conservar esta nota na recuperación. E soamente necesitarían entón realizar un exame que ponderaría o 75% da nota final. En caso contrario, realizarían un exame que ponderaría o 100%.

Opción B (avaliación global): Os estudantes que elexiron a avaliación global en 1ª oportunidade serán avaliados mediante a realización
dun exame final de carácter escrito na data oficialmente establecida. A nota máxima posible neste exame será de 10 puntos.

 

- Convocatoria Fin de Carreira:

O alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente
cun exame teórico-práctico que valerá o 100% da nota. 

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes edicións son as
especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Facultade para o curso académico actual. En caso de conflito ou
disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina Web
da FCETOU.

É necesario traer o DNI ou documento análogo cando teña lugar a realización
dos exames. O incumprimento deste requisito pode ter como consecuencia que o
alumno non realice o exame en cuestión.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000