Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Fiscalidade de empresas turísticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas autónomas a través de TIC Avaliación dos cuestionarios completados polo alumno. Poden corresponder tanto á parte teórica como á parte práctica da materia. 25
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización individual de tres supostos prácticos ao longo do curso. 60
Estudo de casos/análise de situacións Realización escrita e/ou presentación oral de exercicios. Ao longo do curso presentaránselles aos alumnos un ou varios exercicios teóricos ou prácticos, que deberán resolver en horas non presenciais. Estes exercicios serán presentados ao profesor de manera escrita ou oral segundo o caso. 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia é necesario obter polo menos 5 puntos na suma das tres metodoloxías de avaliación.


A non presentación a calquera dos tres supostos prácticos individuais suporá que o alumno deixe de ser avaliado en avaliación continua. Tamén poderá deixar de ser avaliado se non acada un 25% da nota en xogo en cada un dos mencionados supostos prácticos. En ambos os casos a nota final de avaliación continua será a suma das notas parciais obtidas ata ese momento.


Todos os alumnos que se presentaron a algunha proba da avaliación continua, independentemente de que superen ou non a materia, terán a opción de presentarse a un exame final. Este exame valerá o 100% da nota, e a cualificación obtida substituirá á obtida en avaliación continua. En caso de non presentarse, a súa nota será a obtida en avaliación continua, independentemente de que superen ou non a materia.


Os alumnos que non se presentaron a ningunha proba de avaliación continua poderán presentarse tamén ao exame final nas mesmas condicións. En caso de non presentarse, figurarán nas actas como "non presentado".


Co fin de poder avaliar todas as competencias da materia, o exame final incluirá probas similares ás de avaliación continua.


A segunda convocatoria consistirá nun exame final similar ao da primeira convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000