Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Fiscalidade de empresas turísticas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Para cada tema presentaranse as cuestións teóricas máis relevantes, e formularase a metodoloxía a seguir para interpretar as consecuencias e os efectos prácticos da norma tributaria. As explicacións teóricas serán ilustradas con exercicios prácticos resoltos polo profesor.
Resolución de problemas e/ou exercicios As sesións prácticas terán lugar en seminarios ou en aulas de informática, segundo o tipo de exercicios que se pretendan desenvolver. Os alumnos deberán desenvolver autónomamente o seu traballo en grupos pequenos ou de xeito individual.
Prácticas autónomas a través de TIC Ao longo do curso os alumnos poderán acceder a formularios de resposta curta ou tipo test a través da Plataforma Tema, que terán relación cos contidos desenvolvidos nas clases maxistrais e/ou nas clases de resolución de exercicios. Os resultados obtidos polos alumnos formarán parte da nota final.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000