Educational guide 2021_22
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Xestión dos recursos financeiros
   Plan de Continxencias
 
Descrición
En caso de circunstancias excepcionais e, segundo a instrución da Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado da Universidade de Vigo 3/2020, sobre a elaboración das guías docentes para o curso 2021/22, no caso de impartición das materias en modalidade non presencial a actividade docente impartirase mediante Campus Remoto utilizando a plataforma de teledocencia Faitic como reforzo e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos
contidos docentes.

- As sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos (tales como correo electrónico, videoconferencia, foros de FAITIC ou semellantes) baixo a modalidade de concertación previa.
- O sistema de avaliación será a través de Campus Remoto e Faitic, coa debida adaptación a estas plataformas
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000