Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Xestión de restauración
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Consiste na resolución de exercicios e de traballos ben de forma individual ou en grupo 15 A1
A2
A3
A4
B7
C5
C11
C15
Traballo tutelado Realización de exercicios e casos na propia aula 15 A1
A2
A3
A4
B7
C5
C8
C11
C12
C15
D3
D4
D5
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo. 10 A3
A4
B7
D3
Exame de preguntas obxectivas Proba de tipo mixto que pode incluir preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta ,preguntas de resposta corta e unha parte práctica de exercicios e problemas.
60 A1
A2
A3
A4
C5
C8
C11
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 AVALIACIÓN CONTINUA:

A planificación da materia supón a aplicación dun sistema de avaliación continua (asistencia mínima do 80%). Polo que a cualificación final obterase da avaliación dos traballos de aula nos Gms, a presentación dun traballo e a realización de dúas probas parciais eliminatorias ao longo do cuadrimestre. 

É necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 nas probas parciais para superalas e se algún exame parcial é cualificado con nota inferior a 4, poderá presentarse con ese parcial na data fixada para o exame final.

 As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola xunta de centro para o curso presente. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na paxina web da fcetou.

 Segunda convocatoria: a nota correspondente aos traballos de aula  e presentación conservarase durante un curso académico, convocatorias de xuño e xullo. 

Esta guía docente
anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co estudante na  materia , pode requirir reaxustes ao longo do curso académico promovidos pola dinámica da clase e do grupo de destinatarios ou pola relevancia das situacións que puidesen xurdir. Así mesmo, achegarase aos estudantes a información e pautas concretas que sexan
necesarias en cada momento do proceso formativo. Moovi será a plataforma utilizada para a difusión desta información.

AVALIACIÓN NON CONTINUA

 Os alumnos e alumnas que non sigan avaliación continua. deberán solicitar a avaliación global no primeiro mes de docencia, realizarán un exame final teórico-practico sobre todos os contidos da materia que representará o 100% da nota.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000