Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Sistemas de información para a xestión turística
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Se, debido á situación excepcional, non se pode impartir a docencia dun modo presencial, impartirase de forma virtual mediante Campus Remoto co reforzo, se é necesario, da plataforma de teledocencia Moovi, garantindo sempre a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes. Manteranse as metodoloxías docentes previstas, pero adaptándoas ao novo escenario virtual.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Se, debido á situación excepcional, non se poden facer as probas de avaliación dun modo presencial, as devanditas probas, tanto os exames (de avaliación continua e non continua) como as presentacións, faranse de forma virtual, mediante Campus Remoto co reforzo, se é necesario, da plataforma de teledocencia Moovi.
Poderá valorarse, adicionalmente, calquera contribución realizada polo alumnado nas sesións virtuais.

Recoméndase asistir ás sesións de clases virtuais que programen os profesores da materia e consultar en titorías as dúbidas que xurdan, para o que hai que contactar polo correo electrónico co profesor correspondente. As sesións de titorización realizaranse por medios telemáticos (correo electrónico, despacho virtual, videoconferencia, etc.) baixo a modalidade de concertación previa. Tamén é moi aconsellable que os alumnos que teñan problemas de conectividade llo comuniquen ao coordinador da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000