Guia docente 2017_18
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Sistemas de información para a xestión turística
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2017_18
Materia Sistemas de información para a xestión turística Código O04G240V01503
Titulación
Grao en Turismo
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Organización de empresas e márketing
Coordinador/a
Carlos Villamarín, Pablo de
Correo-e pdecarlo@uvigo.es
Profesorado
Carlos Villamarín, Pablo de
Gil Pereiras, María del Carmen
Web http://faitic.uvigo.es/
Descrición xeral No contexto da actual sociedade da información, os sistemas que permiten xestionar esta son vitais para a supervivencia de calquera organización que, tal como sucede con aquelas que integran o sector turístico, participe activamente no mundo dos negocios globais. Nesta materia preténdese pór de manifesto a importancia que para as organizacións do sector turístico ten deseñar e implantar un sistema de información eficiente. Esta ferramenta de xestión debe permitirlles captar os datos dispoñibles nunha contorna altamente complexa e dinámica, procesalos no seo da organización para convertelos en información útil e difundir dita información ás persoas idóneas. Así mesmo, preténdese resaltar as novas oportunidades de negocio electrónico que xurdiron no sector.
A materia está integrada por dous tipos de contidos intimamente relacionados. Por unha banda, os teóricos, centrados na análise dos sistemas de información nas organizacións, en xeral, e nas do sector turístico, en particular. Para iso, abordaranse aspectos tales como o papel que xogan os sistemas de información nos negocios actuais, os trazos distintivos que caracterizan a denominada sociedade da información, así como as transformacións experimentadas polo turismo no seo da mesma, o impacto dos sistemas de información nas organizacións e a súa utilización para obter vantaxes competitivas ou os novos modelos de negocio electrónico no sector turístico. Doutra banda, os prácticos, nos que se formulan actividades nas que se deben buscar e obter datos relativos a diversos aspectos da actividade turística, procesalos para convertelos en información útil para a organización turística correspondente e presentar dita información da forma máis clara posible.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000