Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Promoción turística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Resolveranse 1 caso 20 A3
A4
A5
B5
B7
B8
B9
B10
C6
C13
D1
D2
D3
D4
D5
Debate 2 debates. Cada debate terá un peso na nota da materia do 20%. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B5
B7
B8
B9
C6
C13
D1
D3
D4
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba de resposta curta 40 A1
A5
B5
B8
B9
C6
D1
D2
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A descrición desta guía está pensada para a modalidade presencial. A nota obtida polo alumno na parte presencial (contidos prácticos da materia), terá vixencia para as convocatorias ás que dá dereito a matrícula de cada curso académico. As persoas que non liberen a parte práctica e/ou decidan optar por seguir a avaliación non continua, deberán acudir ao exame final con todo o contido (teórico+práctico), é dicir, alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado cun exame final que suporá o 100% da cualificación. No caso de renunciar á avaliación continua e optar a ser avaliado nun exame final, o alumno deberá comunicar esta decisión vía mail a naraujo@uvigo.es entre o 29 de xaneiro e o 29 de febreiro de 2024.

O alumnado que participe no programa ApS (Aprendizaxe por Servizos), terá que realizar un dossier de aprendizaxe e observación sistemática sobre a temática do programa. Para a avaliación poderá exixiser unha defensa oral. Esta nota supón o 60% da nota final da materia(equivalendo á nota de avaliación continua do alumnado que vai pola modalidade presencial e/ou ao exame práctico). Por tanto, está obrigado a realizar o exame teórico para acadar o 40% restante.

Débese superar, indistintamente, cada unha das dúas partes: teórica (a través do exame final), ou práctica (a través da avaliación continua mediante a resolución dos casos, debates, etc. ou a través do exame final). É dicir, exíxese un mínimo do 50% en cada unha das partes para poder facer media coa outra parte.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro . En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

Condutas inadecuadas, contrarias e perxudiciais á convivencia e á súa corrección, poderán ser sancionadas coa perda do dereito á avaliación continua por parte do estudante responsable.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000