Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Patrimonio cultural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita…Inclúe a presentación do traballo de forma escrita e en formato dixital ou presencial.
40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
B7
B8
B9
C1
C3
C4
C9
C10
D1
D2
D3
D5
Exame de preguntas obxectivas Proba de avaliación de competencias adquiridas que inclúe preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B3
B8
B9
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado resolverá problemas ou realizará exercicios na aula que serán avaliados. Estes poden tomar formas moi diversas desde estudos de caso ata exames de preguntas obxectivas. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B3
B7
B8
B9
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

==== ALUMNADO
XERAL
 ====

A nota final será o resultado da suma das metodoloxías descritas para a avaliación sempre que se aprobe o exame e o traballo. Se non se aproba exame e traballo de aula non se sumarán as cualificacións de cada avaliación e suspenderase a materia. Igualmente aínda aprobando exame e traballo será necesaria unha nota mínima de 5 para aprobar a materia.

A avaliaicón continua require que o alumnado acade menos de 4 faltas de asistencia as aulas GG e as aulas de GM.

O alumnado non presencial terá o mesmo tipo de metodoloxías de avaliación e deberá solicitar a avaliación global antes do 29 de febreiro através da plataforma Moovi da materia.

=======================================================================

A plataforma de aula
virtual conta con ferramentas para detectar posibles comportamentos anómalos e
deshonestos, así como para detectar posibles plaxios en traballos escritos. No
caso de detección de plaxio nalgunha proba/traballo/test/exame/actividade a
cualificación final da materia será Suspenso (0) e o feito será comunicado ao Decanato
do Centro para que adopte as medidas oportunas.

Ao comezo do curso
indicarase, a través de Moovi, as características do traballo, exercicios,
probas, así como a bibliografía completa. 

Esta guía docente
anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co estudante na
materia e concíbese de forma flexible. En consecuencia, pode requirir reaxustes ao longo do curso
académico promovidos pola dinámica da clase e do grupo de destinatarios
real ou pola relevancia das situacións que puidesen xurdir. Así mesmo,
achegarase aos estudantes a información e pautas concretas que sexan
necesarias en cada momento do proceso formativo. Moovi será a plataforma
utilizada para a difusión desta información.

Ante calquera contradición
que se puidera dar entre as distintas versións da guía, por mor dalgún erro na tradución,
a versión que prevalecerá é esta versión na lingua galega.

As datas e horarios
das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no
calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames
prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000