Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Patrimonio cultural
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
A aplicación desta técnica pode ser presencial e non presencial. Pódense empregar diferentes ferramentas para aplicar esta técnica como, por exemplo, chat, correo, foro, audioconferencia, videoconferencia, etc.
10
Saídas de estudo/prácticas de campo Valorarase a preparación anterior á visita e unha análise critica en función da teoría da materia unha vez realizada esta. 10
Probas de tipo test Probas para avalición de competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas. Ademais se pode incluír nesta proba preguntas abertas e tamén de resposta curta. 40
Traballos e proxectos O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita…
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


A descripción desta guía está pensada para a modalidade presencial na que se entenderá aqueles alumnos que asistan ao 80% das clases. Para aprobar a materia é imprescindible ter aprobadas as probas de exame e tamén acadar o aprobado no conxunto dos traballos e proxectos requiridos durante o cuadrimestre. É condición imprescindible aprobar ambas partes para que sumen as cualificación de cada unha delas.


O alumnado non presencial, aquel que non acade o 80% de asistencias, deberá poñerse en contacto coa profesora, para combinar a entrega e realización de forma individual dos traballos da materia así como os materiais para preparar o exame final. Exame final e traballos deberán ser superados para poder aprobar a materia.


Segunda convocatoria:


A evaluación continua alcanzada durante o cuadrimestre gardarase para a convocatoria de exames de xullo do presente curso académico.

Esta guía ten un carácter orientativo. Os contidos poderán sufrir certas modificacións ao longo do curso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000