Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Estatística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Realización de probas tipo test de cada tema. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas de avaliación da materia 40
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización de probas sobre as prácticas realizadas 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao comezo do curso, no período fixado polo centro, o estudantado deberá decidir o seu método de avaliación entre os seguintes:

AVALIACIÓN CONTINUA: Constará das probas e ponderacions establecidas na táboa superior, tendo en conta que:

  • O estudantado que alcance unha nota ponderada igual ou superior a 5 ptos. (sobre 10) será cualificado en actas con esta nota final.
  • O estudantado que alcancen unha nota ponderada inferior a 5 ptos. (sobre 10) terán a obrigación de ir a unha proba final que representará o 100% da nota final. O estudantado nesta situación que non asista a esta proba final terá a cualificación final de  "Non Presentado".
  • As actividades de avaliación continua a realizar dependerán do número de estudantes, medios para traballar, etc. O estudantado estará adeciadamente informado de calquera cambio que se puidese producir debido a situacións imprevistas.
  • Poderanse implementar metodoloxías alternativas para determinar si o estudante pode ou non seguir coa avaliación continua.

AVALIACIÓN GLOBAL: Constará dun exame final, cunha ponderación do 100% da nota final e constará de dous partes: unha parte de exercicios e outra de teoría e práctica con ordenador.

Para as convocatorias de Segunda Oportunidade e Fin de Carreira seguirase o método de AVALIACIÓN GLOBAL.


Aquel estudante que utilice ou coopere en procedementos fraudulentos (copiar, presentarse por outro alumno, plaxio, ...) nalgunha das actividades de avaliación terá unha cualificación final de suspenso neste curso académico. Este feito seralle comunicado á autoridade competente para que tome as correspondentes accións disciplinarias que considere oportunas.


 As datas e horarios das probas de avaliación dos diferentes períodos son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobados pola Xunta de Centro para o curso actual.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000