Educational guide 2017_18
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Linguas estranxeiras para o turismo ID: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Proba teórica escrita 30 A1
A3
A5
B4
B5
B8
C14
C15
D3
D5
Traballos de aula Realización/presentación de traballos varios 40 A2
A3
A4
B1
B4
B5
B6
B7
B8
C14
C15
D3
D5
Outros Proba oral 30 A5
B4
B5
C14
C15
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os estudantes deberán escoller no principio do curso entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra) ou

un sistema de avaliación única.

Recoméndase optar polo primeiro. É condición obrigatoria para ser avaliada/o de forma continua a asistencia a un 80% das

aulas, a non ser que haxa motivos xustificados para unha asistencia lixeiramente inferior, que deberán ser comunicados ao

profesorado o antes posible.

É recomendable consultar regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma TEMA (http://faitic.uvigo.es).

Quen opte de forma directa pola avaliación única (non recomendado) será avaliada/o ao final do primeiro período, na

primeira edición das actas (maio/xuño), da seguinte forma:

1. Cunha proba escrita teórico-práctica (contando 75% da nota final –teoria: 25%; práctica: 50%)

2. Cunha proba de expresión oral (contando 25% da nota final) que será gravada.

É preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para superar a materia. Copia ou plaxio nos respectivos exames será

penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nas mesmas.

A convocatoria das probas de expresión oral deberá acordarse co profesorado coa antelación necesaria (mínimo 2 días antes da data oficial da proba escrita), sendo responsabilidade do alumnado contactar co profesorado. A non presentación á proba de expresión oral suporá a obtención dunha calificación de 0 (cero) puntos na mesma.

Os mesmos criterios de avaliación aplicaranse na segunda edición das actas (xullo).

En todo caso, recoméndase a asistencia ás aulas e ás titorías e consultar regularmente os espazos virtuais da materia na

plataforma (http://faitic.uvigo.es), mesmo que non se siga o sistema de avaliación continua.

As datas e horarios das probas de
avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de
probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2017-2018. En
caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as
sinaladas na páxina web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000