Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Linguas estranxeiras para o turismo ID: Portugués
   Plan de Continxencias
 
Descrición
- Avaliación continua a distancia:
Esíxese a participación e seguemento efectivo a distancia da materia de forma continuada por parte da/o estudante. Neste escenario, a materia será impartida esencialmente mediante as canles establecidas pola Universidade: Campus Remoto e Moovi. Se fose preciso realizar unha avaliación continua a distancia, levaríase a cabo mediante estes mesmos medios. Mantéñense todas as condicións e proporcións fixadas na avaliación continua presencial, agás no tocante á presencialidade:
A participación continuada deberá concretarse no seguemento efectivo a distancia e a realización das tarefas encomendadas.

- Avaliación única a distancia:

En caso de que sexa necesario realizar unha avaliación a distancia, esta levarase a cabo mediante as canles establecidas pola Universidade: Campus Remoto e Moovi. Mantéñense as condicións e proporcións fixadas na avaliación única presencial.

- Titorías
Baixo a modalidade de concertación previa, as sesións de titorización realizaranse por medios telemáticos (destacadamente, por correo electrónico e por videoconferencia mediante o Campus Remoto).


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000