Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Linguas estranxeiras para o turismo IB: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 20 A1
D3
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
D3
D5
Práctica de laboratorio Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade formulada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Estas probas serán orales e escritas 40 B1
C14
C15
D3
D5
Traballo Os alumnos deberán realizar un glosario bilingüe correspondente a cada un dos temas da materia. 20 A1
B4
B5
B6
B7
B8
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Na primeira convocatoria os alumnos deberán asistir a
clase para beneficiarse da avaliación contínua (con máis de 3 faltas
sen xustificar perderase o dereito a avaliación continua) que consistirá
na recollida de tarefas e actividades de clase ou casa (40%), 1 control ao finalizar o cuatrimestre (40%, mínimo 5) e a entrega dun glosario
bilingüe (20%) o último día da avaliación. 
Para a avaliación contínua, será necesario comprar o método de lingua que se utiliza en clase (Le Français en contexte: tourisme. Edición: Maison des langues, 2014) e traelo a diario.
Aqueles alumnos que non superen a materia durante o curso terán que presentarse ao exame final escrito (80%, mínimo un 5) e facer a entrega do glosario (20%). Tamén poderán presentarse ao examen final aqueles alumnos que desexen subir nota. 
Na segunda convocatoria os alumnos deberán presentar o glosario (20%) que corresponda a cada unha das unidades do temario e realizar un exame final  da materia (80%, mínimo un 5).
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de
probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro.
En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000