Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Mercadotecnia turística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos No caso de avaliación continua entregaranse casos e exercicios que haberá que resolver durante as sesións prácticas. Para a liberación desta parte o alumnado debe acadar unha calificación global no conxunto das prácticas entregadas igual ou superior a cinco puntos (sobre 10) e non ter faltado a mais de 3 sesións de prácticas.
No caso de avaliación global resolverase un caso práctico global o día do exame.
40 A1
A2
A3
A4
B1
B3
B5
B6
B7
B8
C6
C9
C13
C15
D1
D2
D3
D5
Exame de preguntas obxectivas Exame tipo test 35 A1
A2
A3
A5
B8
Resolución de problemas e/ou exercicios Preguntas curtas achega do temario 25 A1
A2
A3
A4
A5
B3
B5
B8
C5
C6
C13
C15
Cartafol/dossier Realización dun cartafol coas aprendizaxes derivadas da experiencia de ApS. Consiste na recompilación do traballo do/a estudante no que amosa os seus esforzos, progresos e logros. A recompilación debe incluír contidos elexidos polo alumno/a, os criterios de selección e efidencias de autoreflexión. 20 A1
A2
A3
A5
B1
B5
C5
C13
C15
D1
D2
D3
D5
Observación sistemática Percepcion atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado participante en ApS 20 A1
A2
A3
A5
B1
B5
C5
C13
C15
D1
D2
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O
alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de Avaliación Continua
(AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A
avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o
procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a
renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que
resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa
tiveron lugar.

AC.
En caso de non renunciar á avaliación continua:

A
concreción das actividades a realizar dependerá en gran medida do número de
estudantes e os medios para traballar en grupo. Indícanse dous percursos excluíntes
en función de que o alumnado participe no programa de ApS ou non (alumnado
xeral).

====ALUMNADO
XERAL====

Na
avaliación continua a nota final será o resultado de:

a)
Realización de varios exercicios/casos prácticos individuais e/ou en grupo
durante a asistencia ás sesións prácticas. Esta nota pondera un 40% na cualificación
final sempre que sexa superior ou igual a 5 puntos sobre 10 para o cal e
condición indispensable non ter faltado a mais de 3 sesións prácticas.

b) Un
exame parcial durante o cuadrimestre para avaliar o progreso na materia (20%)

c) Un
exame ao finalizar a materia no que se medirán os coñecementos teóricos
alcanzados (40%)

É
necesario alcanzar un mínimo dun 4.5 no exame para poder compensa-la nota coa
de avaliación continua e superar a materia.

====ALUMNADO
QUE PARTICIPE NO ApS====

Na
avaliación continua a nota final será o resultado de:

a)
Realización dun Cartafol/dossier de aprendizaxe e observación sistemática por
parte da docente. Para a avaliación poderá esixirse unha defensa oral. Esta
nota pondera un 40% na cualificación final sempre que sexa superior ou igual a
5 puntos sobre 10.

b) Un
exame parcial durante o cuadrimestre para avaliar o progreso na materia (20%)

c) Un
exame ao finalizar a materia no que se medirán os coñecementos teóricos
alcanzados (40%)

É
necesario alcanzar un mínimo dun 4.5 no exame para poder compensa-la nota coa
de avaliación continua e superar a materia.

AG
en primeira oportunidade

Seguirán
este proceso os estudantes que non sigan a avaliación continua. Unha vez
superado o periodo dun mes dende o comenzo do cuadrimestre o decanato da
FCETOU habilitará o procedemento e informará aos estudantes do prazo para que
os matriculados manifesten formalmente a súa intención de acollerse á
modalidade de avaliación global. Neste caso, o exame consistirá nunha proba na
que se contestarán preguntas teóricas (60%) e outra na que haberá un caso
práctico (40%).

Convocatoria
extraordinaria e fin de carreira:

Emplearanse
os sistemas de avaliación continua e global expostos anteriormente.

Proceso
de cualificación de actas:

Independentemente
do sistema de avaliación e a convocatoria, en caso de non superar algunha parte
da avaliación pero se a puntuación global é superior a 4 (sobre 10), a cualificación
en actas será de 4.

As
cualificacións de todas as probas, parciais ou finais, prácticas e actividades
só terán efectos no curso académico no que se propoñan.

Datas
de avaliación:

As
datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as
especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Centro. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames,
prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

Consulta
e/ou solicitude de titorías:

A
docente ten unha oferta de titorías presenciais ou virtuais en horario
concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría
Virtual en liña.

Outros:

A
plataforma de aula virtual conta con ferramentas para detectar posibles
comportamentos anómalos e deshonestos, así como para detectar posibles plaxios
en traballos escritos. No caso de detección destes comportamentos a cualificación final da materia será
Suspenso (0) e o feito será comunicado ao Decanato do Centro para que adopte as
medidas oportunas en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante
Universitario que establece o deber de "Absterse da utilización ou
cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos
traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade".

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000