Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Economía aplicada ao turismo
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Planificación pública do desenvolvemento turístico/O04G240V01604
Turismo e desenvolvemento económico territorial/O04G240V01501
Planificación e dirección de espazos turísticos/O04G240V01908


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Economía: Introdución á economía/O04G240V01103
Xeografía: O turismo no mundo actual/O04G240V01104
Estatística/O04G240V01402
 
Outros comentarios
Nesta materia é moi recomendable a asistencia regular ás clases teóricas e prácticas. Trátase dunha materia moi extensa e que trata de perfilar un marco para a comprensión do sector turístico dentro da economía mundial e española. Por tanto, é unha materia básica útil para posteriormente profundizar nos diferentes aspectos do turismo. Recoméndase tamén a participación nas actividades voluntarias propostas, pois ademáis de puntuar para a nota final (no caso da avaliación continua), facilitan a reflexión e comprensión de conceptos explicados ao longo do temario. Esta guía docente anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co alumnado na materia e concíbese de forma flexible. En consecuencia, pode requerir reaxustes ó longo do curso académico promovidos pola dinámica da clase e do grupo de destinatarios real ou pola relevancia das situacións que puidesen xurdir. Asimesmo, aportarase ó alumnado a información e pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000