Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Economía aplicada ao turismo
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Incluirán a realización de cuestionarios vinculados ás sesións Maxistrais, Prácticas de Laboratorio, Lecturas, Debates e mais exercicios complementarios propostos. 60
Probas de resposta curta O alumno deberá resumir os contidos de cada unha das actividades propostas ó longo do curso mediante unha breve redacción (de non máis de 250 palabras) que sintetice as
pricipais ideas.
10
Observación sistemática Actitude persoal e disposición ó traballo que permitan valorar o nivel de seguimento do conxunto de actividades da materia (presenciais e non presenciais).

Neste epígrafe inclúese a posibilidade de facer pequenos test de compresión mediante
preguntas de carácter "oral" ós alumnos
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia será continua.


Aqueles alumnos que non acaden un rendemento satisfactorio mínimo poderan ser suspendidos do sistema de avaliación continuo antes de rematar o curso. A primeira avaliación de rendimento farase no primeiro mes do curso.


Cando non proceda a avaliación continua realizarase unha exame final, que poderá incluír preguntas de tipo test, de resposta curta ou de desenvolvemento, semellantes ao sistema de avaliación descrito anteriormente.


O exame correspondente á segunda convocatoria seguirá o mesmo modelo que o exame final.


Os estudantes que non fagan a avaliación continua nin o examen final, figurarán nas actas como non presentados.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000