Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Economía aplicada ao turismo
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas de forma autónoma Durante o curso, proporanse ao alumnado un conxunto diverso de exercicios complementarios, que poden incluir problemas de cálculo, análises de casos, lectura de artigos científicos, lectura de artigos de prensa, videos, etc. Estas actividades serán realizadas individualmente ou en grupo, según proceda, e contarán cunha parte non presencial, de traballo autónomo.
Este tipo de exercicio require que o estudante teña acceso a Internet para acceder ás Bases de Datos Oficial, e un manexo básico de Excel (ou folla de cálculo similar).
Actividades introdutorias Nas actividades introductorias, presentarase a materia, os seus contidos e obxectivos, así como a planificación docente e o sistema de avaliación. Poderá realizarse algunha proba de coñecementos previos ou de comprobación da comprensión do sistema por parte do alumnado.
Prácticas con apoio das TIC Nas prácticas nas aulas de informática o alumnado realizará exercicios e análises de casos nos que o alumnado aprenderá a manexar información estatística coas técnicas de análise máis habituais. Con estas prácticas o alumnado aprenderá a organizar información, sintetizar e depurar datos, construir indicadores, etc. Isto esixirá a realización de cálculos básicos (taxas de variación, números índice, etc.) e a súa representación gráfica.
Lección maxistral Nas sesións maxistrais, o profesorado desenvolverá os contidos do Programa. Explicaranse as ideas centrais, do temario, con apoio de datos e ferramentas analíticas e de síntese. As sesións maxistrais poderán apoiarse en problemas e análises de casos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000