Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Economía aplicada ao turismo
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio forman terán lugar nas aulas de informática. En cada unha delas o alumnado realizará un exercicio en que deberá aprender a manexar información estatística para o estudo da economía mundial e de España. Con ditos exercicios o estudantado aprenderá a organizar a información e a sintetizar os datos en indicadores relevantes (PIB, poboación, PIB per cápita, coeficiente de apertura, taxa de actividade, taxa de desemprego, gasto público, produtividade etc.). Iso esixirá a realización de cálculos (taxas de variación, números índice, actualización de variables monetarias, taxas de participación) e a súa representación gráfica.

En cada sesión práctica, o estudante deberá responder a un cuestionario de autoavaliación e resumir os principais resultados mediante unha breve redacción. Posteriormente, cada estudante deberá mellorar os resultados das prácticas presenciais mediante a realización de actividades de traballo persoal (cuestionarios e exercicios de redacción).
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Durante o curso, proporase cada aos alumnos un conxunto diverso de Exercicios Complementarios, que incluirán a realización de Cuestionarios, Lecturas e Redaccións. Trátase sempre de actividades non presenciais de carácter voluntario que posibiliten o seguimento do alumno e o seu proceso de aprendizaxe mediante as ferramentas da Plataforma Tema.

Este tipo de exercicio require que o estudante teña acceso a Internet, pois será necesario acceder á Plataforma Tema para descargar a información, así como acceder ás Bases de Datos Oficiais. En todo caso, os alumnos sempre disporán de internet nas Aulas de Libre Acceso da Facultade.

Cada actividade proposta ao estudante poderá ir acompañada dun Cuestionario, que permitirá guiar o alumno e reflexionar sobre os aspectos máis relevantes da materia. Tamén permitirá que o alumno verifique persoalmente as súas respostas sen necesidade da titorización persoal.

Con cada exercicio complementario, o estudante deberá presentar por escrito as conclusións e ideas principais.
Debates A través da Plataforma Tema proporáselle ao alumno un conxunto de lecturas. Normalmente, escolleranse lecturas que sexa factibles poñelas a disposición en formato electrónico a través da Plataforma Tema. Cada lectura está relacionada con cada un dos temas do Programa.

Posteriormente, haberá unha sesión presencial para o Debate aberto na aula ó redor dos contidos
das lecturas propostas.

O estudante deberá responder a un cuestionario de autoavaliación e resumir os principais resultados mediante unha breve redacción. Posteriormente, cada estudante deberá mellorar os resultados das prácticas presenciais mediante a realización de actividades de traballo persoal (cuestionarios e exercicios de redacción).

Sesión maxistral As sesións maxistrais forman parte das Actividades Básicas da Materia. En cada unha das sesións, o profesorado desenvolverá os contidos do Programa. Tomárase como punto de partida as preguntas destacadas en cada un dos temas, así como os resultados e conclusións que se vaian acadando simultaneamente nas outras actividades docentes relacionadas co tema. Será labor do docente aportar as ideas centrais e e criterios de organización e interpretación da información necesarios para que o estudante conteste individualmente ás preguntas relevantes.

Para cada tema desenvolto nas sesións maxistrais, o estudante deberá responder a un cuestionario de autoavaliación e resumir os principais resultados mediante unha breve redacción. Posteriormente, cada estudante deberá mellorar os resultados das prácticas presenciais mediante a realización de actividades de traballo persoal (cuestionarios e exercicios de redacción).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000