Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Dereito: Lexislación turística
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial.
As presentes medidas excepcionais procuran exclusivamente a adaptación a unha eventual situación de non presencialidade, total ou parcial, mediante un tránsito doado e manténdose, xa que logo, en todo o non previsto expresamente nas mesmas, os demais aspectos referidos, con carácter xeral, na Guía Docente.

* Metodoloxías docentes:
A impartición da docencia será mediante o Campus Remoto e tamén se fará uso da plataforma de teledocencia que a Universidade poña a disposición, a través da que se lle facilitarán ao alumnado os diversos materiais, tanto de carácter teórico como práctico, así como as pautas precisas para o estudio ordenado e autónomo dos contidos docentes preceptivos, debidamente adaptados.
Polo tanto, como metodoloxías docentes seguiranse utilizando a clase maxistral e o seminario, se ben se adaptarán ao escenario de non presencialidade ou semipresencialidade. En concreto, a súa aplicación farase efectiva a través das aulas virtuais da Universidade co reforzo ou apoio complementario da súa plataforma de teledocencia.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías):
As sesións de titorización realizaranse de forma telemática, fundamentalmente, a través do correo electrónico ou do Despacho Virtual do profesorado, baixo a modalidade de concertación previa.

*Avaliación:
Os exercicios prácticos a realizar polo alumnado suxeito a avaliación continua durante o periodo de docencia, ou as probas de avaliación final, nas datas establecidas, levaranse a cabo a través da plataforma de teledocencia que a Universidade poña a disposición.
As probas de avaliación final a realizar por todo o alumnado serán tipo test.
De ser necesario, a anotación na lista para suxeitarse ao sistema de avaliación continua, tamén se fará telemáticamente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000