Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Xeografía: O turismo no mundo actual
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización dun examen con unha parte teórica que valerá un 40% e unha parte práctica que valerá un 30% da calificación fianl. Constará de dous partes: unha primeira parte referida aos contidos desenvolvidos nas clases teóricas da materia e unha segunda parte consistente nun exercicio práctico de características parecidas aos realizados nas clases prácticas.
A cualificación da parte teórica suporá o 30% da cualificación final. A parte práctica o 20% da cualificación final.
Deberase alcanzar unha puntuación de cinco (5) sobre dez puntos para poder facer o cómputo global de todas as actividades.
Valoraranse os seguintes aspectos:

- Con respecto á proba de teoría: estudo e asimilación dos contidos teóricos da materia, capacidade de síntese e capacidade de organización das ideas, precisión e claridade expositiva.
- Con respecto ao exercicio práctico: capacidade de reflexión, de interrelación de contidos prácticos e teóricos, de sínteses e de organización de ideas, así como o nivel de actitude crítica do alumno.
70 A1
A3
A4
A5
B3
B5
B9
C1
C3
C4
D1
D2
Traballo Elaboración e entrega dun traballo realizado en grupo fose da aula. Consistirá na avaliación turística dunha comarca ou localidade, de acordo a un guión preestablecido.
Valoraranse os seguintes aspectos:
- a capacidade de planificación e organización do traballo en grupo, a capacidade de análise, de interpretación e de síntese da información seleccionada, a actitude crítica , etc.
20 A1
A2
A3
A4
B1
B6
B7
B8
B9
C1
C3
C4
C9
C10
D2
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Como actividade académica complementaria realizarase unha visita a un espazo urbano de interese turístico polo seu carácter patrimonial.
Ten como obxectivo a observación da realidade vinculada aos contidos explicados en clase.
O alumno entregará unha breve memoria referida aos aspectos traballados na devandita visita.
10 A1
A2
A3
A4
B7
B8
B9
C1
C3
C4
C10
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia será avaliada por un sistema de avaliación continua, a partir das competencias adquiridas. Para iso, terase en conta as actividades a avaliar nos GM e nos GP, así como a proposta de Examen Parcial de Novembro e o Examen Final da convocatoria ordinaria de Xaneiro. A cualificación final será a suma dos diferentes elementos avaliados tendo en conta aspectos teóricos e prácticos (final numérica de 0 a 10 pola lexislación vixente). Casos particulares serán expostos ao profesor/a da materia. Para acadar a avaliación positiva deberase superar os traballos prácticos, as prácitas obrigatorias da materia e os exámenes de desenvolvemento planificados no cronograma.

Os alumnos que non sigan avaliación continua poderán presentarse aos exames finais fixados na programación de exames da Facultade, aténdose aos seguintes criterios:

a) Proba escrita. Exame xeral de carácter teórico que suporá o 70% da cualificación final.

b) Realización dun traballo bibliográfico que suporá o 20% da cualificación final.

c) O traballo práctico entregaráse preceptivamente na data sinalada polo profesor: data da convocatoria de Xaneiro e data para a convocatoria de Xullo.

Segunda convocatoria:

Avaliarase o alumno coa realización dun exame final de carácter teórico-práctico que suporá o 50% da cualificación final, aténdose aos mesmos criterios xa expostos para a primeira convocatoria. Conservaranse as cualificacións de traballo de grupo, visita e outras actividades de avaliación continua que o alumno xa realizase. Naqueles casos que non se cumpra algún dos supostos mencionados anteriormente, o alumno deberá de compensalo mediante a realización dun traballo bibliográfico en relación co temario da materia.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro . En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos
exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000