Guia docente 2017_18
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Xeografía: O turismo no mundo actual
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización dun exame final teórico-práctico. Constará de dous partes: unha primeira parte referida aos contidos desenvolvidos nas clases teóricas da materia e unha segunda parte consistente nun exercicio práctico de características parecidas aos realizados nas clases prácticas.
A cualificación da parte teórica suporá o 30% da cualificación final. A parte práctica o 20% da cualificación final.
Deberase alcanzar unha puntuación de cinco (5) sobre dez puntos para poder facer o cómputo global de todas as actividades.
Valoraranse os seguintes aspectos:

- Con respecto á proba de teoría: estudo e asimilación dos contidos teóricos da materia, capacidade de síntese e capacidade de organización das ideas, precisión e claridade expositiva.
- Con respecto ao exercicio práctico: capacidade de reflexión, de interrelación de contidos prácticos e teóricos, de sínteses e de organización de ideas, así como o nivel de actitude crítica do alumno.
50 A1
A3
A4
A5
B3
B5
B9
C1
C3
C4
D1
D2
Traballos e proxectos Elaboración e entrega dun traballo realizado en grupo fose da aula. Consistirá na avaliación turística dunha comarca ou localidade, de acordo a un guión preestablecido.
Valoraranse os seguintes aspectos:
- a capacidade de planificación e organización do traballo en grupo, a capacidade de análise, de interpretación e de síntese da información seleccionada, a actitude crítica , etc.
40 A1
A2
A3
A4
B1
B6
B7
B8
B9
C1
C3
C4
C9
C10
D2
Informe de prácticas Como actividade académica complementaria realizarase unha visita a un espazo urbano de interese turístico polo seu carácter patrimonial.
Ten como obxectivo a observación da realidade vinculada aos contidos explicados en clase.
O alumno entregará unha breve memoria referida aos aspectos traballados na devandita visita.
10 A1
A2
A3
A4
B7
B8
B9
C1
C3
C4
C10
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia será avaliada por un sistema de avaliación continua, a partir das competencias adquiridas. A cualificación final será a suma dos diferentes elementos avaliados tendo en conta aspectos teóricos e prácticos (final numérica de 0 a 10 pola lexislación vixente). Casos particulares serán expostos o profesor/a da materia (PENDENTE DE RESOLUCIÓN NUN CONCURSO DE PROFESORADO).

Os alumnos que non sigan avaliación continua poderán presentarse aos exames finais fixados na programación de exames da Facultade, aténdose aos seguintes criterios:

a) Proba escrita. Exame xeral de carácter teórico que suporá o 70% da cualificación final.

b) Realización dun traballo bibliográfico que suporá o 30% da cualificación final.

Segunda convocatoria:

Avaliarase o alumno coa realización dun exame final de carácter teórico-práctico que suporá o 50% da cualificación final, aténdose aos mesmos criterios xa expostos para a primeira convocatoria. Conservaranse as cualificacións de traballo de grupo, visita e outras actividades de avaliación continua que o alumno xa realizase. Naqueles casos que non se cumpra algún dos supostos mencionados anteriormente, o alumno deberá de compensalo mediante a realización dun traballo bibliográfico en relación co temario da materia.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2017-2018. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos
exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000