Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Xeografía: O turismo no mundo actual
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización dun exame final teórico-práctico. Constará de dúas partes: unha primeira parte referida aos contidos desenvolvidos nas clases teóricas da materia e unha segunda parte consistente nun exercicio práctico de características parecidas aos realizados nas clases prácticas.

A cualificación da parte teórica supoñerá o 30% da cualificación final. A parte práctica o 20% da cualificación final.

Deberase alcanzar unha puntuación de cinco (5) sobre dez puntos para poder facer o cómputo global de todas as actividades.

Valoraranse os seguintes aspectos:

- Con respecto á proba de teoría: estudo e asimilación dos contidos teóricos da materia, capacidade de síntese e capacidade de organización das ideas, precisión e claridade expositiva.

- Con respecto ao exercicio práctico: capacidade de reflexión, de interrelación de contidos prácticos e teóricos, de síntese e de organización de ideas, así como o nivel de actitude crítica do alumno.
50%
Traballos e proxectos Elaboración e entrega dun traballo realizado en grupo fóra da aula.
<br>Consistirá na avaliación turística dunha bisbarra ou localidade, de acordo a un guión preestablecido.
<br>Valoraranse os seguintes aspectos:
<br> A capacidade de planificación e organización do traballo en grupo, a capacidade de análise, de interpretación e de síntese da información seleccionada, a actitude crítica etc.
<br>
40
Informes/memorias de prácticas Como actividade académica complementaria realizarase unha visita a un espazo urbano de interese turístico polo seu carácter patrimonial.
Ten como obxectivo a observación da realidade vinculada cos contidos explicados en clase.

O alumno entregará unha breve memoria referida aos aspectos traballados na devandita visita.
10%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliaranse as competencias e coñecementos alcanzados polo alumno conforme a un sistema de avaliación continua.


Os alumnos que non sigan avaliación continua poderán presentarse aos exames  finais fixados na programación de exames da Facultade, aténdose aos seguintes criterios:


a) Proba escrita. Exame xeral de carácter teórico-práctico que suporá o 70% da calificación final.


b) Realización e exposición oral dun traballo bibliográfico que suporá o 30% da calificación final.



Segunda convocatoria:


Avaliarase o alumno coa realización dun exame final de carácter teórico-práctico que suporá o 50% da cualificación final, aténdose aos mesmos criterios xa expostos para a primeira convocatoria. Conservaranse as cualificacións de traballo de grupo, visita e outras actividades de avaliación continua que o alumno xa realizase. Naqueles casos que non se cumpra algún dos supostos mencionados anteriormente, o alumno deberá de compensalo mediante a realización dun traballo bibliográfico en relación co temario da materia









Avaliaranse as competencias e coñecementos alcanzados
polo alumno conforme a un sistema de avaliación continua.

Os alumnos que non sigan a avaliación continua poderán presentarse aos exames
finais fixados na programación de exames da facultade, aténdose aos seguintes
criterios:

a) Proba escrita. Exame xeral de carácter teórico-práctico que supoñerá o 70%
da cualificación final.

b) Realización e exposición oral dun traballo bibliográfico que supoñerá o
30% da cualificación final.

Segunda convocatoria:

Avaliarase o alumno coa realización dun exame final de carácter
teórico-práctico que suporá o 50% da cualificación final, aténdose aos mesmos criterios xa expostos
para a primeira convocatoria. Conservaranse as cualificacións de traballo de
grupo, visita, asistencia e outras actividades de avaliación continua que o
alumno xa realizase.

Naqueles casos que non se cumpra algún dos supostos mencionados
anteriormente, o alumno deberá de compensalo mediante a realización dun
traballo bibliográfico en relación co temario da materia.



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000