Guia docente 2017_18
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Xeografía: O turismo no mundo actual
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Explicación por parte do profesor dos contidos básicos da materia. Tratarase de incentivar a participación crítica e reflexiva do alumnado nestas clases teóricas.
Traballos de aula Serán utilizados para complementar os contidos teóricos con exercicios de tipo práctico.
Formulación e resolución de diversos materiais de temática turística, exercicios prácticos e audiovisuais para ser traballados na aula.
Titoría en grupo Orientación do alumno na realización do seu traballo autónomo.
Prestarase especial atención aos aspectos relacionados coa planificación e a organización do traballo de grupo.
Saídas de estudo/prácticas de campo A visita e saída de campo planificada para coñecer directamente espazos urbanos de interese turístico ten como obxectivo a observación da realidade e recollida de información por parte do alumno.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000