Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Economía: Introdución á economía
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Economía: Introdución á economía Código O04G240V01103
Titulación
Grao en Turismo
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Prerrequisitos
Departamento Fundamentos da análise económica e historia e institucións económicas
Coordinador/a
Pereira Lorenzo, Nemesio
Correo-e nemesio@uvigo.es
Profesorado
Pereira Lorenzo, Nemesio
Web http://http://fcetou.uvigo.es/es/docencia/profesorado/jose-maria-rocha-alvarez/
Descrición xeral A (introdución) á Economía é un curso de ciencia económica. En cada tema, comezamos cunha pregunta ou un problema sobre economía (por que a chegada do capitalismo asóciase cun forte aumento no nivel de vida media, por exemplo) e logo ensinamos as ferramentas da ciencia económica que contribúen a unha resposta.

Para cada pregunta, o material está na mesma secuencia. Comezamos cun problema histórico ou actual, mesmo si é un complexo, e logo utilizamos os modelos para dilucidalo. Debido a que o curso empeza con grandes problemas, preguntas da historia e asuntos actuais, os modelos e explicacións que usamos necesitan ter en conta os fenómenos do mundo real. Por exemplo, os actores nunca teñen información completa sobre todo o relevante para as decisións que toman, os motivos que non sexan o interese propio tamén son importantes, e o exercicio do poder no comportamento estratéxico a miúdo ten que ser parte da explicación do resultado observado.

Recentes avances en Economía dannos as ferramentas para facer isto. E debido a que aplicamos modelos económicos a importantes, complexos e difíciles problemas, os estudantes do curso aprenden inmediatamente tanto as ideas obtidas do modelado, como as inevitables deficiencias dos modelos.

Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en in
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000