Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Mercados financeiros
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Realización de actividades sobre os contidos impartidos na materia 30 B1
B3
B8
B9
B13
C1
C3
C4
C5
C6
C9
C10
C11
C12
C13
D1
D2
D3
D4
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización de dúas probas parciais tipo test, sobre a teoría impartida na materia (20% cada un) 40 B11
B14
C5
C13
C14
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de exercicios en parellas ou de modo individual, sobre os contidos impartidos na materia 30 B1
B3
B8
B9
B13
C1
C3
C4
C5
C6
C9
C10
C11
C12
C13
D1
D2
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de Avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). 

A avaliación por defecto é a AC. 

O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.

-- Avaliación continua. En caso de non renunciar á avaliación continua:

Neste caso o alumnado deberá realizar unha serie de actividades e un conxunto de exercicios durante o curso que valerán o 30% da nota respectivamente. Ademais deberá realizar dous exames parciais sobre a teoría impartida, cun valor cada un do 20% da nota.

--  Avaliación global. 

O alumnado será avaliado mediante unha proba teórico-práctica na data oficial fixada no calendario de exames da Facultade. Esta proba representa o 100% da nota.

No suposto de non superar a nota en primeira oportunidade, o alumnado poderá ser avaliado de novo na segunda oportunidade a través dunha probateórico-práctica na data oficial fixada no calendario de exames da Facultade. Esta proba suporá o 100% da nota.

En convocatorias posteriores (fin de carreira), o alumnado poderá ser avaliado de novo a través dunha proba teórico-práctico na data oficial fixada no calendario de exames da Facultade. Esta proba suporá o 100% da nota.

En todos os casos necesitarase unha nota media igual ou superior a 5 para superar a materia. No caso de avaliación continua, será necesaria unha nota mínima de 4 en cada actividade ou parcial para que faga media co resto e unha nota media igual ou superior a 5; en caso contrario non se superará a materia.

En caso de avaliación global, necesitarase unha nota mínima de 4 en cada unha das partes da proba (teoría e práctica) para facer media, e unha nota igual ou superior a 5 para aprobar a proba de avaliación.

Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como “non presentados”.

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa )

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o presente curso. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000