Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Creación e viabilidade de empresas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problema e/ou exercicios relacionados coa materia. Utilízase como complemento da lección maxistral.
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Traballo tutelado O estudante, de maneira individual ou en
grupo, elabora un documento sobre a
temática da materia ou prepara
seminarios, investigacións, memorias,
ensaios, resumos de lecturas,
conferencias, etc. Xeralmente trátase
dunha actividade autónoma do/s
estudante/s que inclúe a procura e
recollida de información, lectura e
manexo de bibliografía, redacción...
Metodoloxías baseadas en investigación Análise dun feito, problema ou suceso
real coa finalidade de coñecelo,
interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses,
contrastar datos, reflexionar, completar
coñecementos, diagnosticalo e
adestrarse en procedementos alternativos
de solución.Análise das novas publicadas
na prensa económica
Debate Charla aberta entre un grupo de
estudantes. Pode centrarse nun tema dos
contidos da materia, na análise dun caso,
no resultado dun proxecto, exercicio ou
problema desenvolvido previamente
nunha sesión maxistral...
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000