Guia docente 2017_18
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Réxime fiscal da empresa II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación do contido e obxectivos da materia. Metodoloxía de traballo e sistemas de control e
avaliación.
Lección maxistral Para cada tema o docente presentará na aula as cuestións mais relevantes e formulará a
metodoloxía a seguir para interpretar as consecuencias e efectos prácticos da norma tributaria.
Posteriormente o alumno deberá revisar de forma autónoma os contidos expostos.
Estudo de casos/análises de situacións Realizaranse sesións prácticas que terán lugar en aulas-seminario.
Prácticas en aulas informáticas As sesións prácticas en aula informática faránse de xeito individualizado e consistirán na resolución
dun caso práctico empregando as aplicacións informáticas da Axencia Tributaria.
Para o seu desenvolvemento os alumnos disporán previamente do enunciado do caso na
Plataforma Tema.
Prácticas autónomas a través de TIC Cada semana, despois da sesión maxistral, abriráse un formulario práctico dixital (de resposta
curta ou test) na Plataforma Tema, relativo ós contidos desenvoltos na sesión maxistral e na
práctica.
Trátase de actividades que posibilitan o seguimento e avaliación do alumno, que
deberá responder nos prazos sinalados.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000