Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Auditoría
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Resolución en grupos de actividades/casos prácticos na aula (12%). Resolución individual de actividades/casos prácticos na aula (13%). 25 B1
B5
B10
B13
C8
C16
D1
Exame de preguntas obxectivas Probas tipo test para a avaliación dos coñecementos teóricos sobre os principais conceptos da materia (tres probas test que supoñen 20%, 7,5% y 7,5%). 35 B13
C6
C8
C16
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de duas probas onde o alumnado debe resolver de forma individual supostos prácticos (20% cada proba). 40 B1
B5
C6
C8
C16
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A Avaliación Continua (A.C.) será a considerada por defecto e levarase a cabo mediante a realización dun conxunto de probas na aula que se especificarán a continuación. O alumnado pode elixir alternativamente a Avaliación Global (A.G.), para cambiar a este tipo de avaliación o prazo estipulado polo centro será do 11 de setembro ao 11 de outubro de 2023.  

O método de avaliación exposto no apartado anterior desta guía, denominado con `Avaliación´, é para a A.C.

AVALIACIÓN CONTINUA (A.C.): constará das seguintes probas que se levarán a cabo entre setembro e decembro: 1) Solución na aula de actividades/casos prácticos propostos ao alumnado dos bloques temáticos I e III: 1.1.) unha parte destas actividades/casos prácticos para ser resoltos en pequenos grupos (valor 1,2 puntos) e, 1.2.) outra parte das actividades/casos prácticos para ser resoltos de forma individual (valor 1,3 puntos). 2) Proba tipo test con preguntas de diverso tipo a resolver individualmente polo alumnado sobre os bloques temáticos I e III (valor 2 puntos). 3) Dúas probas para resolver individualmente polo alumnado sobre os temas do bloque temático II (valor de cada proba 2,75 puntos). Ambas probas constarán de duas partes, unha primeira cun tipo test de verdadeiro ou falso (0,75 puntos) e na outra parte o alumnado deberá solucionar unha serie de exercicios prácticos (2 puntos). Non se require nota mínima nas probas descritas. Considérase superada a materia en A.C. se o alumnado alcanza 5 puntos dos 10 totais que valen as distintas probas anteriormente especificadas. En caso contrario, a nota na acta de xaneiro sería de suspenso (NP no seu caso). 

Todas as probas detalladas anteriormente excepto a 1.1.) son de asistencia obrigatoria en A.C.; o alumnado que non se presente a estas probas implica que deixa de seguir a A.C. Por tanto, no momento que deixe de asistir a algunha das probas de A.C. obrigatorias xa non podería seguir presentándose ao resto das probas pendentes de celebrarse. O que si podería este alumnado, se así o considera, é presentarse á proba de `Avaliación Global (A.G.) de carácter final´, exame de avaliación sobre a totalidade da materia que leva a cabo nas datas das convocatorias oficiais de xaneiro/xullo aprobadas pola Xunta de Centro e publicadas na páxina web da FCETOU (exame de 10 puntos sobre a totalidade da materia).

O alumnado que non supere a materia mediante a realización das probas de A.C. denotadas anteriormente (probas realizadas entre setembro e decembro), poderá presentarse á proba de `Avaliación Global (A.G.) de carácter final´ exame de avaliación sobre a totalidade da materia que leva a cabo nas datas das convocatorias oficiais de xaneiro/xullo aprobadas pola Xunta de Centro e publicadas en páxina web da FCETOU (exame de 10 puntos sobre a totalidade da materia).

AVALIACIÓN GLOBAL (A.G.) de carácter final: nas datas das convocatorias oficiais de xaneiro e xullo aprobadas pola Xunta de Centro e publicadas na páxina web da FCETOU, aquel alumnado que non superou a materia a través da A.C., que non seguiu a A.C., que elixiu no prazo estipulado polo centro a A.G. ou que decida renunciar á nota de A.C. obtida nas distintas probas realizadas, poderá realizar un exame sobre toda a materia (100% da materia, de valor 10 puntos). Este exame conterá unha parte onde se exporán diversas cuestións, preguntas a través de varios cuestionarios de tipo teórico sobre todos os bloques temáticos (valor 3,5 puntos) e, outra parte, con supostos prácticos do bloque temático II e III (valor 6,5 puntos).

CONVOCATORIA DE FIN DE CARRERA: a proba desta convocatoria supoñerá o 100% da cualificación, valor 10 puntos e cuxo formato será similar ao proposto para a proba de `A.G. de carácter final´ xa descrita.

Outras apreciacións:

As especificidades da materia serán desenvolvidas e publicadas na plataforma de teledocencia Moovi. Neste sentido, todos os comentarios realizados anteriormente sobre a avaliación da materia estarán detallados e colgados de forma permanente nun documento na plataforma de teledocencia Moovi para que o alumnado teña acceso aos mesmos de forma rápida, sinxela e directa durante o curso.

As diferenzas entre sistemas de avaliación e metodoloxías entre os distintos centros que imparten o Grao en Administración e Dirección de Empresas na Universidade de Vigo, xustifícanse pola necesaria adaptación na medición da consecución dos mesmos resultados de aprendizaxe e adquisición de iguais competencias ás diferentes organizacións docentes de cada Centro, especialmente en canto ao tipo de grupos, e número medio de alumnado por grupo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000