Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Investigación comercial
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas á presentación dos obxectivos e contidos da materia, metodoloxía de traballo e sistemas de avaliación.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos da materia, complementada co uso de medios
audiovisuais e a formulación de cuestións dirixidas aos estudantes para facilitar a aprendizaxe. Recoméndase ao estudante que traballe previamente o material colocado en Moovi, co fin de seguir as explicacións e participar activamente nas devanditas cuestións.
Resolución de problemas En cada práctica realizaranse actividades (aplicación de conceptos, exercicios ou casos de estudo)
coa finalidade de aplicar de forma efectiva os coñecementos teóricos adquiridos nas sesións
maxistrais. Os estudantes traballarán de forma autónoma, individualmente ou en grupo, baixo a
supervisión do profesor. Estas sesións prácticas poderán ter lugar en seminarios ou aulas de informática.
Prácticas con apoio das TIC Ao acabar un tema teórico, poderán se abrir na plataforma Moovi atividades (testes de auto evaluación, talleres...) relativos aos contidos explicados na lección maxistral.
Son atividades non presenciais que posibilitan o seguimento e avaliación do aluno, e que deben facerse nos prazos estabelecidos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000