Guia docente 2017_18
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección estratéxica internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Realizaránse diversas probas de avaliación escritas con diferentes ítems, para avaliar os coñecementos adquiridos sobre a materia durante o curso, estas probas avaliarán tanto coñecementos das clases teóricas (como da bibliografía complementaria recomendada ao alumnado). Será necesario a asistencia ás clases teóricas. Esixiráse unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 para poder facer a media coa parte práctica. 80 B1
B2
B10
B13
C1
C3
C5
C11
D1
D5
Traballos e proxectos Será preciso entregar un traballo ou proxecto para avalia-los coñecementos adquiridos durante o curso. Para poder optar a esta valoración será necesaria a asistencia ás clases dos grupos prácticos. Será preciso acadar unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 para facer media coa parte teórica.

10 B1
B2
B5
B8
B9
B10
B11
B13
B14
C11
C12
C13
D1
D2
D3
D4
D5
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Será necesaria a realización de unha proba escrita para avalia-los contidos das clases prácticas. 10 B13
B14
C11
C12
C13
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación continua considérase cando o/a estudante/a asista a mais do 80% das clases prácticas e teóricas e presente os proxectos e traballos propostos e supere as probas escritas correspondentes.

En todo caso, tanto para o que non superen a avaliación continua como para os que non seguen este sistema de avaliación, tanto na convocatoria de xuño como na de xullo haberá un exame final da materia que constará de dous partes. Un exame sobre a parte teórica que ponderará un 80% da nota e un exame práctico que valerá o 20% da nota. Neste caso tamén será necesario unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 tanto en teoría como en práctica para poder facer media.

 

Naqueles casos nos que o alumno/a decidísese ir por avaliación continua e non superase a materia na súa totalidade, pero se algunha parte, gardarase a nota obtida durante o curso da parte que superase (Teórica ou práctica), e só presentarase en xuño ao exame coa parte que ten suspensa. Igualmente manteranse as partes aprobadas para o exame de xullo.

 

 

As datas e horarios das probas
de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario
de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2017-2018. En caso de disparidade ou conflito entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da facultade.

As diferenzas no método de avaliación
que utilizan os centros da Facultade de Ciencias Económicas e
Empresariais de Vigo e a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense
obedecen á necesaria adaptación dos idénticos resultados de aprendizaxe
propostos e competencias á diferente organización de clases
docentes empregada por ambos os centros.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000