Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección estratéxica internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Proba en que se suscita unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc. 20
Presentacións/exposicións Exposición oral por parte do
alumnado dun tema concreto ou dun traballo (previa presentación escrita).
20
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno que non siga o procedemento de avaliación continua deberá realizar un exame final, que supoñerá o 100% da nota.


A nota obtida polo alumno na avaliación continua terá vixencia para as convocatorias ás que dá dereito a matrícula de cada curso académico.


A concreción das actividades a realizar dependerá en gran medida do número de alumnos, medios para traballar en grupo, etc.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000