Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección estratéxica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades 40 B1
B5
B13
C1
C3
C5
C12
D1
Estudo de casos O alumno/a debe realizar casos en prácticas de laboratorio coa finalidade de interpretalos, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticar, xerar hipóteses, e adestrarse en procedementos alternativos de solución. 40 B1
B2
B9
B10
C11
C12
C13
Traballo Proxecto elaborado sobre un tema e debe redactarse seguindo unhas normas establecidas. 20 B1
B2
B5
B8
B9
B10
B11
C11
C12
C13
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

Proba 1: Estudo de casos. Descrición: se irá cualificando ao longo do curso os traballos, exercicios e prácticas entregados en prazo a través da plataforma Moovi. Realización nos grupos medianos. Cualificación: 40% da nota da materia

Proba 2: Traballo/proxecto. Descrición: Realización dun proxecto sobre un tema. Se cualificará o traballo desenvolvido ao longo do curso e a entrega final coa presentación. Realización nos grupos pequenos. Cualificación: 20% da nota da materia.

Proba 3: Exame de preguntas obxectivas. Descrición: Proba que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos, etc.). Cualificación: 40% da nota da materia.

Poderá valorarse adicionalmente calquera contribución realizada polo alumnado.

Para superar a materia o alumnado deberá alcanzar como mínimo un 3.5 en cada parte o proba avaliada e polo menos un 5 (sobre 10) na nota global. Se non se aproba a materia por non alcanzar o mínimo nalgunha proba ou parte, e a puntuación total é igual ou superior a 4.5, a cualificación en actas será 4.5.

AVALIACIÓN GLOBAL

Para o alumnado que opte pola avaliación global, a materia avaliarase cun exame teórico-práctico que supoñerá o 100% da nota da materia. A parte teórica consistirá nun exame de cuestións obxectivas (50% da cualificación total) e aparte práctica en resolución e cuestións prácticas (50% da cualificación total).

Para aprobar a materia, o alumnado non poderá ter menos dun 3.5 sobre 10 en cada unha das partes da proba (teórica e práctica) e polo menos un 5 (sobre 10) na nota global.

AVALIACIÓN 2ª EDICIÓN DE ACTAS

O alumnado de avaliación continua conserva a nota obtida nas probas 1 e 2 (estudo de casos e proxecto) sempre que non sexan inferiores 3.5 (se fosen inferiores o alumnado terá a oportunidade de presentar traballos extra para alcanzar o aprobado) e pode realizar unicamente a proba 3 (exame). Para superar a materia é necesario alcanzar un mínimo de 3.5 en cada unha das probas para que fagan mediae polo menos un 5 (sobre 10) na nota global.

A o alumnado de avaliación global aplicaráselle o mesmo sistema de avaliación que se aplicou na 1ª edición de actas.

OUTROS AVISOS SOBRE A AVALIACIÓN

O alumnado matriculado manifestará formalmente a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua. En todo caso, aínda que non exista manifestación formal, considerarase que o alumno/a opta polo sistema de avaliación continua coa entrega da primeira práctica correspondente á proba 1 (estudo de casos). Seguindo a normativa aprobada pola facultade, o prazo para mudar ao sistema de avaliación global será ata o 11 de outubro.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario das probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000