Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Decisións de financiamento
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de duas probas ao longo do
cuadrimestre sobre a parte práctica da materia (cada unha destas probas representa un 30%).
60 B1
B2
B10
B13
B14
C1
C2
C6
C7
C8
C12
C15
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución dun exercicio práctico no computador nunha aula informática en folla de cálculo Excel sobre os contidos prácticos aprendidos na materia. 10 B1
B3
B13
B14
C8
C12
C15
D5
Exame de preguntas obxectivas Resolución dunha proba test teórico-práctica sobre os coñecementos adquiridos na materia, mediante cuestionario de preguntas obxectivas. 30 B1
B2
C1
C2
C6
C7
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A Avaliación Continua (A.C.) será a considerada por defecto e levarase a cabo mediante a realización dun conxunto de probas na aula que se especificarán a continuación. O alumnado pode elixir alternativamente a Avaliación Global (A.G.), para cambiar a este tipo de avaliación o prazo estipulado polo centro será do 11 de setembro ao 11 de outubro de 2023.  

O método de avaliación exposto no apartado anterior desta guía, denominado con `Avaliación´, é para a A.C.

AVALIACIÓN CONTINUA (A.C.): constará das seguintes probas: 1) Unha primeira proba con exercicios prácticos, valor 3 puntos (*). 2) Unha segunda proba práctica a solucionar nunha aula informática en folla de cálculo Excel no último GP da materia, valor 1 punto (*). 3) Unha terceira proba con exercicios prácticos, valor 3 puntos (*). 4) Un test de preguntas obxectivas teórico-práctico sobre todos os temas da materia que se realizará na data do exame final oficial de xaneiro, valor 3 puntos. Non se require nota mínima nas probas descritas. Considérase superada a materia en A.C. se o alumnado alcanza 5 puntos dos 10 totais que valen as distintas probas anteriormente especificadas. En caso contrario, a nota na acta de xaneiro sería de suspenso (NP no seu caso). A nota obtida nas tres probas de A.C. realizadas entre setembro e decembro gárdanse para a convocatoria de xullo (probas sinaladas con (*)). A especificación do contido temático das probas de A.C. e as datas das mesmas incluiranse no cronograma das probas de A.C. que será publicado na web do centro.

As tres primeiras probas detalladas e sinaladas con (*) son de asistencia obrigatoria en A.C.; o alumnado que non se presente a estas tres probas nas datas previstas no cronograma das materias publicado na web do centro, implica que deixa de seguir a A.C. Por tanto, no momento que deixe de asistir a algunha das probas de A.C. obrigatorias xa non podería seguir presentándose ao resto das probas pendentes de celebrarse. O que si podería este alumnado, se así o considera, é presentarse á proba de `Avaliación Global (A.G.) de carácter final´, exame de avaliación sobre a totalidade da materia que leva a cabo nas datas das convocatorias oficiais de xaneiro/xullo aprobadas pola Xunta de Centro e publicadas na páxina web da FCETOU (exame de 10 puntos sobre a totalidade da materia).

Por outra banda, permítese ao alumnado renunciar á nota obtida durante o cuadrimestre na A.C. (nota total das tres probas realizadas entre setembro e decembro) e presentarse á proba de `Avaliación Global (A.G.) de carácter final´ que, sobre a totalidade da materia (exame de 10 puntos) se leva a cabo na data da convocatoria oficial de xaneiro aprobada pola Xunta de Centro e publicada na páxina web da FCETOU. A nota para considerar na acta da convocatoria de xaneiro para o alumnado que se acolla a esta última opción será sempre a desta última proba. Se o alumnado non superase este exame de 10 puntos na convocatoria de xaneiro poderá volver presentarse na convocatoria oficial de xullo a un novo exame na mesma modalidade (é dicir, A.G., exame a 10 puntos sobre a totalidade da materia).

AVALIACIÓN GLOBAL (A.G.) de carácater final: nas datas das convocatorias oficiais de xaneiro e xullo aprobadas pola Xunta de Centro e publicadas na páxina web da FCETOU, aquel alumnado que non seguiu a A.C., que elixiu no prazo estipulado polo centro a A.G. ou que como xa se comentou decidise renunciar á nota que obtivo nas tres probas A.C., poderá realizar un exame sobre toda a materia (100% da materia, de valor 10 puntos). Este exame conterá unha parte cun test de preguntas obxectivas teórico-prácticas sobre todos os temas da materia (3 puntos) e outra parte con exercicios prácticos (7 puntos). Algúns ou todos estes exercicios prácticos desta segunda parte poderá pedirse que se desenvolvan/solucionen a través de folla de cálculo Excel nunha aula informática (informarase respecto diso ao alumnado a través da plataforma de teledocencia Moovi).

CONVOCATORIA DE FIN DE CARRERA: a proba desta convocatoria supoñerá o 100% da cualificación, valor 10 puntos e cuxo formato será similar ao proposto para a proba de `A.G. de carácter final´ xa descrita.

Outras apreciacións:

-As especificidades da materia serán desenvolvidas e publicadas na plataforma de teledocencia Moovi. Neste sentido, todos os comentarios realizados anteriormente sobre a avaliación da materia estarán detallados e colgados de forma permanente nun documento na plataforma de teledocencia Moovi para que o alumnado teña acceso aos mesmos de forma rápida, sinxela e directa durante o curso.

-As diferenzas entre sistemas de avaliación e metodoloxías entre os distintos centros que imparten o Grao en Administración e Dirección de Empresas na Universidade de Vigo, xustifícanse pola necesaria adaptación na medición da consecución dos mesmos resultados de aprendizaxe e adquisición de iguais competencias ás diferentes organizacións docentes de cada centro, especialmente en canto ao tipo de grupos, e número medio de alumnado por grupo.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000