Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Decisións de financiamento
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición na aula, por parte do profesor dos contidos máis relevantes e de maior dificultade conceptual. Posibilidade de resolución e desenvolvemento de exemplos prácticos co obxectivo de clarificar os conceptos teóricos.
Resolución de problemas Aprendizaxe vicaria a través da resolución na aula por parte da docente de exercicios prácticos, mediante a súa exposición en lousa e/ou en folla de cálculo Excel. Resolución por parte do alumnado de exercicios prácticos ben en grupo ou individualmente. Debate de resultados.
Prácticas con apoio das TIC Actividades/exercicios prácticos de aplicación de coñecementos a situacións concretas, e adquisición de habilidades e procedementos relacionados sobre o aprendido na materia, que levarán a cabo nunha aula informática, utilizando xeralmente como ferramenta a folla de cálculo Excel.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000