Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Políticas económicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Entrega de prácticas de laboratorio realizadas nos grupos GM. Haberá que entregar unha selección delas na plataforma de teledocencia Moovi. 20 B1
B2
B5
B8
B9
B13
B14
C12
C13
C14
C16
D1
D5
Seminario Entrega de exercicios realizados nos grupos GP. Haberá que entregar unha selección deles na plataforma de teledocencia Moovi. 10 B1
B2
B5
B8
B9
B13
B14
C12
C13
C14
C16
D1
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada. Haberá dúas probas: unha hacia a metade do cuadrimestre e a outra ao final do mesmo que valerán un 35% cada unha. 70 B1
B2
B5
B13
B14
C2
C13
C14
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Primeira oportunidade:

Haberá dúas posibilidades de avaliación:

Opción
A:
A modalidade de avaliación preferente será a avaliación continua. Anunciarase ao comezo da docencia da materia
un cronograma onde aparecerán as datas das distintas probas de avaliación
continua.

Os alumnos que se acollan ao sistema de avaliación
continua terán a obriga de colocar unha fotografía tipo carné en Moovi
antes da primeira proba de avaliación e de acceder regularmente á
plataforma de teledocencia, para estar así ao corrente das novidades que
se produzan.

O sistema de avaliación por defecto será a avaliación continua. Aqueles estudantes que desexen a avaliación global (100% da
cualificación no exame oficial) deben comunicalo ao responsable da
materia por email dende o 29 de xaneiro ao 29 de febreiro inclusive.

Opción B (avaliación global): O estudante será avaliado mediante a realización
dun exame final de carácter escrito na data oficialmente establecida coas seguintes
ponderacións: proba de preguntas de desenvolvemento (70%) e proba de resolución
de exercicios (30%).

Recuperación: 2ª oportunidade (xullo 2024)

Novamente haberá dúas posibilidades de avaliación:

Opción A: Os estudantes que se
acolleran ao sistema de avaliación continua poderán conservar as notas da parte
de exame de preguntas de desenvolvemento (70%), prácticas con apoio das TIC (20%)
e seminario (10%).

Os alumnos poderán subir nota nunha ou en ambas partes: Proba de preguntas
de desenvolvemento (70%) e proba de resolución de exercicios (30%). A proba de
resolución de exercicios (30%) e un exame de recuperación que substitúe á parte
práctica entregable na avaliación continua (prácticas con apoio das TIC (20%) e
seminario (10%)).

Opción B (avaliación global): Os alumnos que elexiron a avaliación global na 1ª oportunidade poderán realizar unha proba de preguntas de desenvolvemento (70%) e unha proba de
resolución de exercicios (30%).

 

- Convocatoria Fin de Carreira:

O alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente
cun exame teórico-práctico que valerá o 100% da nota. 

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes edicións son as
especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Facultade para o curso académico actual. En caso de conflito ou
disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina Web
da FCETOU.

É necesario traer o DNI ou documento análogo cando teña lugar a realización
dos exames. O incumprimento deste requisito pode ter como consecuencia que o
alumno non realice o exame en cuestión.

 

 

 

 

 

 

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000