Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Macroeconomía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse test e exercicios prácticos relacionados co contido da materia que serán resoltos nun exame presencial na aula 40 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B5
B6
B8
B10
B13
C2
C9
C16
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Exporanse cuestións relacionadas co temario da materia que serán resoltas en exames presenciais na aula. Ningun deles valerá máis do 40% da nota final 60 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B5
B6
B8
B10
B13
C2
C9
C16
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A)
ALUMNOS QUE OPTEN POR AVALIACIÓN CONTINUA: Nas convocatorias de xuño e xullo, a
nota final da materia resultará da suma ponderada da nota obtida nas diferentes
probas e actividades de avaliación continua, que suporá un 60% da nota final
(até 6 puntos) e a nota obtida nun exame final escrito, que valerá o 40%
restante da nota final (até 4 puntos). A avaliacion continua inclúe a
asistencia tanto ás clases teóricas como ás clases prácticas, a entrega de
follas de exercicios e a nota das probas que se realizan ao longo do curso. En
consecuencia, os criterios para calcular a nota final serán os seguintes: A)
Até 5 puntos polas notas das probas realizadas na avaliación continua ao longo
do curso; B) Até 1 punto pola asistencia ás clases teóricas e prácticas; C) Até
4 puntos pola nota do exame final escrito, que terá lugar na data oficial
establecida no calendario de exames. Por defecto os alumnos seran
adscritos  a avaliacion continua, podendo renunciar a ela por escrito
segun o plazo establecido polo Decanato.

B)
ALUMNOS QUE NON OPTEN POR AVALIACIÓN CONTINUA: Nas convocatorias de xuño e
xullo, a nota final da materia resultará da suma da nota obtida nun exame final
escrito (que coincidirá co que realicen os alumnos que opten por avaliación
continua), que valerá o 40% da nota final (até 4 puntos), e a nota dun exame
oral, que valerá o 60% restante da nota final (até 6 puntos). Para aprobar a
materia será preciso obter unha nota no exame final escrito igual ou superior a
5 puntos sobre 10. En consecuencia, os criterios para calcular a nota final
serán os seguintes: A) Até 4 puntos pola nota do exame final escrito, que terá
lugar na data oficial establecida no calendario de exames; B)Até 6 puntos pola
nota do exame oral, que tamén terá lugar na data oficial establecida no
calendario de exames.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000