Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección comercial I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Explicación con participacion ativa do estudantado 1 C6
C14
Resolución de problemas Resolución de casos, exercicios de comprensión, traballos e exposicións. Avalíase a capacidade do estudante para aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos o desempeño dentro dun equipo de traballo, o traballo autónomo e a comunicación oral e escrita, entre outros. So se poderán entregar actividades nas datas e sesions establecidas. Ningunha das probas ou actividades que compoñen as distintas tarefas da AC van supor por si mesmas máis do 40% da cualificación final da materia. 59 B1
B5
B9
B13
C6
C14
Exame de preguntas obxectivas Unha vez finalizada a docencia presencial, o alumno deberá realizar unha proba escrita que consistirá en responder a preguntas tipo test ou de otro tipo sobre aspectos concretos do contido da materia. 40 B1
C6
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de Avaliación Continua (AC) ou, alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación preferente é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á calificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa se tiveran realizado.

AVALIACION CONTINUA (AC)

  • Faranse varios exercicios e casos ligados às aulas. Ningunha das probas ou actividades que compoñen as distintas tarefas da AC van supor por si mesmas máis do 40% da cualificación final da materia.
  • A nota final do curso (para primeira oportunidade) será a suma da nota obtida nas probas de avaliación realizadas ao longo do cuadrimestre (cunha ponderación do 60% sobre o total), e da nota obtida nunha última proba que coincidirá coas datas da AG (cunha ponderación do 40% do total).
  • A nota final do curso (no caso de segunda oportunidade) será a suma da nota obtida nas probas de avaliación realizadas ao longo do cuadrimestre (cunha ponderación do 60% sobre o total), e da nota obtida nunha última proba que coincidirá coas datas da AG de segunda oportunidade (cunha ponderación do 40% do total).
  • Para superar a materia será necesario obter unha puntuación mínima de cinco puntos, sendo condición imprescindibel obter como mínimo un 50% da puntuación do último exame da avaliación.

AVALIACIÓN GLOBAL (AG)

  • Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado con un exame final que suporá o 100% da calificación. Tanto na convocatoria ordinaria como na extraordinaria, nesta proba haberá dúas partes, unha de contidos teóricos (5 puntos), e outra de contidos prácticos (5 puntos). Para medir as habilidades de comunicación do estudante, pode establecerse que unha ou as duas probas sexan realizadas de forma oral.
  • Para superar a materia será necesario obter unha puntuación mínima de cinco puntos, sendo condición imprescindibel ter un mínimo do 45% da puntuación en cada unha das dúas partes da proba final

NON PRESENTADO

  • Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como “Non Presentado”.

FIN DE CARREIRA

  • Na convocatoria de Fin de carreira, o exame é o 100% da calificación. Haberá dúas partes, unha de contidos teóricos (5 puntos), e outra de contidos prácticos (5 puntos).
  • Para medir as habilidades de comunicación do estudante, pode establecerse que unha ou as duas probas sexan realizadas de forma oral.
  • Para superar a materia será necesario obter unha puntuación mínima de cinco puntos, sendo condición imprescindibel ter un mínimo do 45% da puntuación en cada unha das dúas partes da proba final.

ADENDA

  • A data e hora dos exames pode ser consultada na web da facultade no apartado de organización docente. Exames | Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo (uvigo.es)
  • Recomendase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), del Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado | Secretaría Online Universidade de Vigo (uvigo.gal)
  • Esta guía docente anticipa as líneas de actuación que se deben llevar a cabo co estudiante da materia e concibense de forma flexibel. En consecuencia, pode ser necesario realizar axustes ao longo del curso académico promovidos pola dinámica da clase e do grupo de destinatarios real, ou pola relevancia das situacions que pudesen xurdir. Asimesmo, aportaráse ao estudantado a información e pautas e o 100% da calificación concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000