Guia docente 2017_18
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección comercial I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Pode ser obxecto de avaliación calquera actividade realizada na aula. 10 C6
C14
Resolución de problemas Avalíase a capacidade do estudante para aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos e a comunicación oral e escrita. 30 B1
B5
C6
C14
D3
Probas de tipo test Probas de avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas tipo test, preguntas verdadeiro/falso ou preguntas de resposta curta. 60 B1
C6
C14
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes de avaliación continua para superar a materia teñen que cumprir dúas condicións: (1) obter unha puntuación mínima de 5 puntos no conxunto das probas a avaliar e (2) obter como mínimo 2 puntos sobre 6 en próbaa tipo test. A puntuación obtida pola participación así como a realización e entrega de todas aquelas tarefas establecidas polo docente (casos, exercicios, supostos, exposicións, memorias, …), mantense nas convocatorias de maio e xullo do curso académico en vigor pero NON se gardará para cursos sucesivos. Os alumnos que non poidan seguir a avaliación continua serán examinados mediante unha proba escrita valorada sobre 10 puntos, que non necesariamente coincidirá coa do resto dos alumnos.
A concreción das actividades a realizar dependerá en gran medida do número de estudantes, medios para traballar en grupo, etc

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes
convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación
aprobado pola Xunta de Centro. No
caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames
prevalecerán as sinaladas na páxina web da facultade. http://fcetou.uvigo.es/index.php/es/examenes

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000