Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Econometría
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas A avaliación neste contexto pode consistir na entrega de exercicios resoltos, exposición de exercicios na pizarra, traballos, etc. 20 B1
B2
B5
B13
C7
C12
D3
Prácticas de laboratorio A avaliación neste contexto pode consistir na entrega de supostos resoltos, exposición de supostos no laboratorio, traballos, etc. 30 B1
B2
B5
B13
C7
C12
D3
Exame de preguntas obxectivas A avaliación neste contexto consistirá en preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta. 25 B1
B2
B13
D3
Exame de preguntas obxectivas A avaliación neste contexto consistirá en preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta. 25 B1
B2
B13
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para a 1ª edición das actas (xaneiro) haberá dúas formas alternativas de avaliación:

Opción A: A AVALIACIÓN CONTINUA que se acaba de expoñer no cadro anterior, que é o sistema preferente de avaliación. Entenderase que o alumno se acolle á avaliación continua se NON comunica (por email ou Moovi) ao profesor coordinador da materia, no prazo establecido, que desexa mudar ao sistema de avaliación global. O prazo para comunicalo vai do 11 de setembro ata ó 11 de outubro de 2023. 

Anunciarase a principio de curso un cronograma donde aparecen as datas das distintas probas de avaliación continua.

O alumno que se acolla á avaliación continua terá a obriga de colocar unha fotografía tipo carné en Moovi antes da primeira proba de avaliación. 

Todos os alumnos deben acceder regularmente á plataforma de teledocencia para estar así ao corrente das novedades que se produzan.

Opción BAvaliación Global. O estudante que comunicase no modo e plazo mencionados que NON se acolle ao sistema de avaliación continua, será avaliado mediante a realización dun exame final do 100% da nota na data oficialmente establecida no calendario académico.

Para a opción B da edición de xaneiro, tanto as competencias avaliadas coma os resultados de formación e aprendizaxe serán os mesmos que para a opción A da edición de xaneiro.

Para a 2ª edición das actas (xullo) haberá tamén dúas formas de avaliación:

Opción A: O estudante que se acollera ao sistema de avaliación continua poderá conservar as notas dos seguintes dous bloques de probas realizadas para a primeira edición: o Bloque 1, que abrangue a proba de resolución de problemas e a proba de laboratorio (e suman o 50% da nota); e o Bloque 2, que abrangue as probas de preguntas obxectivas (e suman o 50% da nota). Poderá subir nota nos seguintes bloques: Bloque 1: proba de resolución de exercicios e/ou supostos (50% da nota); e Bloque 2: proba de preguntas obxectivas (50% da nota).

Opción BAvaliación Global. O estudante que NON se acollese ao sistema de avaliación continua, será avaliado mediante a realización dun exame final do 100% da nota na data oficialmente establecida no calendario académico.

Para a edición de xullo, tanto as competencias avaliadas coma os resultados de formación e aprendizaxe serán os mesmos que para a edición de xaneiro.

Para a convocatoria Fin de Carreira: a avaliación consistirá na realización dun exame do 100% da nota na data oficialmente establecida no calendario académico.

Para la convocatoria Fin de Carreira, tanto as competencias avaliadas coma os resultados de formación e aprendizaxe serán os mesmos que para a edición de xaneiro.

É necesario traer o DNI ou documento análogo cando teña lugar a realización dos exames e probas. O incumprimento deste requisito pode ter como consecuencia que ó alumno non se lle permita realiza-lo exame ou proba en cuestión. 

As titorias serán concertadas co profesor a través do correo electrónico ou Moovi.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000