Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección de operacións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Obradoiro Probas nas que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e exercicios nun tempo e condicións establecidos polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
A demostración das competencias adquiridas en cada actividade levarase a cabo durante o período lectivo.
30 B1
B2
B10
B11
B13
B14
C6
C12
D5
Traballo tutelado Traballo elaborado polo alumno/a e exposición sobre as actividades desenvolvidas, nas que se valorará o proceso de aprendizaxe do estudante.
Correspóndense fundamentalmente coas horas prácticas da materia recollidas nos grupos pequenos.
10 B1
B2
B10
B11
B13
B14
C6
C12
D5
Exame de preguntas obxectivas Conxunto de probas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, resposta curta, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades ou escriben a reposta correcta.
Avaliaránse contidos teóricos e prácticos.
Haberá entre 2 e 4 probas ao longo do cuatrimestre, entre as que se repartirá a puntuación total deste apartado (a valoración dunha proba individual estará entre o 30% e o 15%, dependendo do número de probas finalmente realizado)
60 B1
B2
B10
B11
B13
B14
C6
C12
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

O conxunto de probas especificado arriba constitúe o sistema de avaliación continua. Para superar a avaliación continua será obrigatorio a realización dos traballos e de todas as probas citadas anteriormente. Para que as probas de avaliación, sexan tidas en conta na nota final da materia, o alumno debe obter en cada proba ou conxunto de probas como mínimo o 50% do valor asignado a ditas probas.

O resultado da avaliación expresaráse unha escala de 0 a 10 puntos. No caso de obter as puntuacións mínimas, a nota final da materia resultará da suma das
notas acadada nos exames e das notas dos traballos realizados nas
prácticas e actividades presenciais. No caso de non superar as puntuacións mínimas nalgunhas probas, a nota final da materia será a
resultante das notas das probas nas que sí se superou o mínimo. Para superar a materia é necesario acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na materia.

Os estudantes que opten pola avaliación continua terán unha segunda
oportunidade de avaliación que consistirá nun examen práctico e outro
teórico, que representarán o 100% da nota. Estos exámenes cubrirán todo o
material do curso. Para superar a materia é necesario acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10.

AVALIACIÓN GLOBAL

Para aqueles alumnos que non podan realizar as tarefas asociadas á avaliación continua, o sistema de avaliación será unha proba global de toda a materia que valerá o 100% da nota. Haberá dúas oportunidades de avaliación marcadas no calendario de exámenes da facultade.

Para optar a este modo de avaliación o estudante debe escribir un correo electrónico á coordinadora da materia, renunciando á avaliación continua e indicando o seu desexo de acollerse ao sistema de avaliación global. O prazo para que esta solicitude sexa tida en conta é desde o 11 setembro ata o 11 de outubro.

OUTRAS OBSERVACIÓNS

Condutas inadecuadas, contrarias e prexudiciais á convivencia e á súa corrección, poderán ser sancionadas coa perda do dereito á avaliación continua por parte do estudante responsable.

Calquera evidencia de traballos e probas plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso en todas as convocatorias do curso académico.

IMPORTANTE: As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes
convocatorias son as especificadas no calendario de probas de
avaliación aprobado pola Xunta de Centro da Facultade de CC. Empresariais e Turismo para o presente curso académico. Non obstante, o calendario pode ser modificado ó longo do curso por
algún imprevisto. Consulten a páxina web da Facultade por se hai cambios no mesmo. No caso de conflito ou
disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da Facultade (http://fcetou.uvigo.es/index.php/gl/exames).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000