Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Estatística: Estatística
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor ou a través de material posto a disposición dos estudantes na plataforma de Campus Remoto ou teledocencia, dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Estudo previo Procura, lectura e traballo de documentación que realiza o alumnado de forma autónoma.
Resolución de problemas de forma autónoma Resolución de problemas e cuestións de cada un dos temas do programa da materia. Farase uso de aplicacións informáticas adecuadas.
Prácticas con apoio das TIC Actividades de aplicación dos coñecementos e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia. Desenvolveranse a través de TIC e de forma autónoma.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000