Guia docente 2017_18
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Empresa: Xestión de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Avaliación continua ao longo das sesións presenciais do curso. Consiste na resolución, de maneira individual ou en grupo, de cuestións expostas, orientadas e supervisadas polo profesorado, sobre a materia. Avaliarase a participación do alumnado e a comprensión da materia. 20 B1
B2
B3
B5
B7
B8
B9
B13
B14
C5
C6
C7
C8
C9
C10
C12
C15
C16
D1
D2
D3
D4
D5
Outras Probas intermedias para avaliar a adquisición e comprensión de conceptos.
Realizaranse 2 probas ao longo do curso:
- Primeira proba: temas 1 a 3
- Segunda proba: temas 4 a 6

É preciso obter como mínimo un 5 sobre 10 nas dúas probas intermedias. No caso de que algún alumno ou alumna non supere ou non realice algunha das probas intermedias nas datas fixadas, poderá recuperar as probas suspendidas ou non realizadas na data oficial de maio establecida para a avaliación da materia (realizaraas xunto coa proba final escrita).
20 C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
Outras Proba final escrita para avaliar a aplicación dos coñecementos adquiridos para a resolución e interpretación de problemas e situacións no ámbito empresarial.
Esta proba realizarase na data oficial establecida polo centro para a avaliación de maio.

É preciso obter como mínimo un 5 sobre 10 na proba final escrita.
60 B5
B12
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira convocatoria (maio):

Alternativa a) 
Avaliación continua segundo os criterios de avaliación arriba expostos. Enténdese que os estudantes que teñan algunha cualificación nalgunha das actividades obxecto de avaliación seguen a avaliación continua e optan, por tanto, por este sistema de avaliación.
Alternativa b)
So para os estudantes que non teñan seguido a avaliación continua. Exame global dos contidos da materia. A cualificación do exame será o 100% da nota final.

Segunda convocatoria (xuño-xullo):

Alternativa a)

Só para os estudantes que teñan seguido a avaliación continua e non teñan superado algunha  ou todas as probas: as probas suspendidas poderanse recuperar na data oficial de xuño-xullo establecida para a avaliación da materia.

O alumnado que se atope nesta situación tería unha cualificación de suspenso na primeira oportunidade (maio). A nota numérica que lle aparecería en actas na primeira oportunidade (maio) sería a correspondente á media ponderada das diferentes probas de avaliación, e en caso de que a media dese aprobado, apareceríalle unha cualificación de 4,9.

Alternativa b)

Exame global dos contidos da materia na data oficial de xuño-xullo. A cualificación do exame será o 100% da nota.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2017-2018.

No caso de conflito ou disparidade entre datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.


Observación importante:

Calquera evidencia de probas ou traballos plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000