Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Empresa: Xestión de empresas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices do traballo, exercicios ou proxectos a desenvolver polo estudante.
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución e presentación de exercicios/cuestións/traballos por parte do alumno tanto de maneira individual como en grupo baixo a proposta, orientación e supervisión do profesor.
Estudo de casos/análises de situacións O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Traballos de aula Técnica de traballo en grupo e exposición pública durante a clase. Parte da organización da clase en pequenos grupos, onde os alumnos traballan xuntos e de forma coordinada para resolver tarefas académicas e desenvolver a súa propia aprendizaxe
Seminarios Participación no estudo intensivo dun tema relacionado coa materia e coordinado por un experto na materia que leva ao debate, discusión, elaboración de documentos e conclusións.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000