Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Empresa: Matemática das operacións financeiras
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición na aula, por parte do profesor, dos contidos máis relevantes e de maior dificultade conceptual.
Resolución de problemas e/ou exercicios Proposta de exercicios na aula, como complemento das sesións maxistrais, con resolución guiada polo docente, tras un previo debate de formulacións.
Prácticas de laboratorio Proposta de exercicios na aula de informática. O alumno desenvolve individualmente, mediante o emprego de follas de cálculo, a resolución ao problema baixo a supervisión do docente.
Titoría en grupo Control titorial do proceso de aprendizaxe do alumno, o que levará, por unha banda, á exposición e resolución de dúbidas en grupos reducidos e, por outra banda, titorizarase a realización de xeito autónomo de exercicios mediante a aplicación da metodoloxía "puzzle". Retroalimentación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000