Guia docente 2017_18
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Economía: Economía española e mundial
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Políticas económicas/O04G020V01405

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Empresa: Matemática das operacións financeiras/O04G020V01202

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Economía: Microeconomía/O04G020V01101
Historia: Historia económica/O04G020V01103
 
Outros comentarios
Recoméndase ter coñecementos básicos no uso de follas de cálculos (e.g. excel ou equivalentes). Será unha ferramenta habitual en moitas das actividades de Laboratorio. Nesta materia non se impartirán "clases de follas de cálculo". Recoméndase ós alumnos que se matriculen no curso cero de follas de cálculo ofrecido gratuitamente pola FCETOU. Nesta materia non se entregarán ós alumnos "apuntamentos" cos contidos das sesións maxistrais. É responsabilidade do alumno tomar apuntamentos das sesións e consultar o material bibliográfico adecuado (e.g. biblioteca universitaria, etc.). O principal obxectivo da materia é "aprender coñecementos" e saber empregalos como ferramenta de análise, polo que a "memorización de contidos" non garante a superación do curso. Finalmente, esta guía docente anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co alumno na materia, polo que se concibe de forma flexible. En consecuencia, pode requirir reaxustes ao longo do ano académico promovidos pola dinámica da clase ou pola relevancia das situacións que puideran xurdir. Así mesmo, aportaráselle ao alumnado a información e pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000