Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Economía: Economía española e mundial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Consistirán na realización de probas sobre os contidos das sesións maxistrais, prácticas e exercicios complementarios propostos.
Haberá un mínimo de 3 probas, e polo tanto cun valor máximo do 33% para cada proba.
100 B2
B5
B8
B14
C2
C16
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Primeira oportunidade:

Haberá dúas posibilidades de avaliación:

Opción Avaliación Continua: publicarase ao principio do cuadrimestre un cronograma coas datas das distintas probas de avaliación continua. Será obrigatorio incluír unha fotografía tipo carné en Moovi antes da primeira proba de avaliación, e acceder regularmente á plataforma de teledocencia para estar ao corrente das novidades que se produzan.

Opción Avaliación Global: mediante un exame teórico-práctico que valerá o 100% da nota.

Datas para mudar de avaliación contínua a global: do 29 de xaneiro a 29 de febreiro.

- Segunda oportunidade: mediante un exame teórico-práctico que valerá o 100% da nota.

- Convocatoria Fin de Carreira: mediante un exame teórico-práctico que valerá o 100% da nota.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario das probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual

É necesario traer o DNI ou documento análogo cando teña lugar a realización dos exames. O incumprimento deste requisito pode ter como consecuencia que a/o estudante non realice o exame en cuestión.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000